Skip to Content

EP

O mundo dos cogomelos

Os alumnos de 6º de E.P. saímos do centro a descubrir o mundo dos cogomelos da nosa contorna. Mirade o vídeo para coñecer todo o que atopamos.

 

UN DÍA DE VELA

Nun curso atípico rematamos cunha actividade entrañable, o profe Carlos convidounos a pasear pola ría e coñecer o deporte de vela.

Desfrutamos como nunca e aprendemos a manexar un veleiro.

Grazas profe Carlos por agasallarnos con este fin de curso tan especial!!!

ARTISTAS

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de educación primaria, xunto cunha artista invitada, convertéronse en verdadeiras réplicas de obras de arte e este foi o resultado.

 

Women Too!

Na clase de inglés o alumnado de 6º estivo investigando sobre a vida e os logros de mulleres que case ninguén coñece, pero son importantísimas: científicas, investigadoras, loitadoras,... Mulleres que traballaron e traballan dun xeito constante, calado, "contra vento e marea". Mulleres admirables ás que todos debemos coñecer. Estas son algunhas.

 

               

             

              

               

 

 

Recollemos o C.I.F. das nosas cooperativas

Un gran poder conleva unha gran responsabilidade, e unha gran cooperativa conleva unha gran presentación.

 

É por iso que visitamos a sede da Deputación de Pontevedra para presentar as nosas cooperativas ante algún cargo político e outros centros.  Nese momento as nosas coñecidas foron recoñecidas legalmente ao entregarnos o C.I.F. (código de identificación fiscal).

 

Fotos: Diario de Pontevedra

 

 

 

 

 

Concurso Ecomascota

ECO-MASCOTA

 

Ola a todos/as!!!!

Xa temos a nosa Eco-mascota que acompañará a Larapeto nas aventuras ecolóxicas que nos agardarán durante este curso. A mascota gañadora foi “Porco Tapón” deseñada e elaborada por Mario (4º de EI), Javier (3º EP) e Paula (4º EP).

Moitíiiiiisimas  grazas a todas as familias pola vosa  participación e implicación na elaboración das estupendas mascotas presentadas.

 

Visita a Salcedo!

Os cursos de 3º e 4º visitamos os petróglifos de Salcedo. Tivemos a sorte de contar cun experto na materia como é o arqueólogo Rafael Quintía  que nos ensinou o gran número de petróglifos que hai nesa zona. Tamén contounos lendas sobre as mouras que trataban de explicar estas curiosas marcas nas rochas. Despois  visitamos un poboado neolítico que simulaba a perfección como vivían fai tantos e tantos anos. Foi unha experiencia moi interesante. 

 

Festival 1º E 2º de Educación Primaria

Mirade que ben o fixeron o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria!

 

XeveClub

Para conmemorar maio como o mes da lingua, o alumnado do cole preparou algunhas reseñas de contos e novelas. Mirade que exposicións máis creativas elaboraron!

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

4ºEP
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut