Skip to Content

Obradoiro de ciencia en 1º e 2º

 Ola a todos!

Os rapaces de primeiro e segundo participamos, martes, 27 de abril, nun obradoiro de ciencias no que se levaron a cabo varios experimentos.

Fixemos unha ponte romana e poidemos comprobar o perigo dun posible derrubamento de semellante construcción. Agora, temos pontes máis modernas, verdade?

Despois, experimentamos cos chupitos de auga. Quen non xogou algunha vez a encher vasos de auga, tapalos cunha folla de papel e darlles a volta para ver se a auga non caía? De seguro que algúns fixéstelo! Hoxe probamos nós e… houbo de todo!

O terceiro experimento trataba da conductividade da corrente eléctrica. Observamos como a auga, os metáis e o noso corpo, son bos conductores da electricidade.

O cuarto experimento chamábase Cama Fakir; vimos un globo explotar ó roce dunha chincheta e a outro globo soportala presión sobre sobre un montón de chinchetas sen romperse.

Poidemos ver como o equilibrio estable fai que un obxecto non caia, anque non estea de todo suxeito.

Por último, fixemos un fluido no newtoniano, experimento con auga e fariña e comprobamos a forza da masa resultante se lle empuxamos fortemente.

E xa para rematar, temos que engadir que a nós gustounos  moito todo e pasámolo moi ben.

Aquí vos deixamos algunas fotos para que  nos vexades en acción!

Clicade sobre a foto.



page | by Dr. Radut