Skip to Content

Novas

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Normativa de aplicación

o                       

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

o                       

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).

o                       

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

o                       

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

o                       

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

   APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

POSTOS ESCOLARES: Listaxe de plazas vacantes por nivel

PRAZO:

  • Presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 21 de marzo de 2022.
  • Solicitude Anexo II (ED550B)
  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios a baremar.

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

• Impresos de solicitude debidamente cubertos

• Fotocopia do Libro de Familia

• Certificado de empadroamento de toda a unidade familiar

• Condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede

• Xustificantes de concurrencia de discapacidade do alumno/a a  ou de titores/as ou irmáns do alumno/a, se procede.

IMPORTANTE:

• O solicitante só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (sexa público ou concertado), a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Na solicitude poderanse solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia.

• O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

• O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

LETRA DE DESEMPATEPor DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro (DOG número 29, do 11 de febreiro), e a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG número 53, do 15 de marzo), regúlase o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, na educación primaria, na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "V" e "U"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "A" e "Z"

RESULTADO DA VOTACIÓN PARA ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS NO CONSELLO ESCOLAR.

Tras  celebrar, na tarde de onte, a votación para o sector de Nais e Pais a fin de elixir os seus e as súas representantes no Consello Escolar deste centro, o escrutinio deu o seguinte resultado:

-Marta San Isidro Vázquez

-Paula Ramos Seara

-María Carmen Vigo Insua

A vixencia do seu cargo como representantes no Consello Escolar para o sector de Nais e Pais será de 3 anos, tal e como o recolle a normativa.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

No  DOG do 12 de novembro de 2021, recóllese a ORDE do 28 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de primaria (código de procedemento ED330E)

 O alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar no presente curso NON PRECISA PRESENTAR SOLICITUDE para recibir as máscaras.

Pode presentar solicitude o alumnado que non é beneficiario do vale de material no curso actual e cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

  • Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As solicitudes deberán presentarse na secretaría do centro xunto coa documentación que figura na ORDE (DOG 12/11/21), e o prazo de presentación será do 15 ao 26 de novembro.

O impreso de solicitude ED330E poderase recoller no centro ou descargalo AQUÍ.

DÍAS NON LECTIVOS DE ELECCIÓN PROPIA

Este centro ten solicitadas e aprobadas como días non lectivos de elección propia, os días 7 de decembro de 2021 e o  16 de maio de 2022, de acordo ao artigo 7.2 da Orde do 19 de maio de 2021 (DOG  9 de xuño) polo que se aproba o calendario escolar.

Polo tanto, este centro non terá clases en ningunha das datas antes indicadas.

 

RENOVACIÓN PARTICIAL DO CONSELLO ESCOLAR

-Martes 2 de novembro: Sorteo na Secretaría do centro (ás 12:30h), dos membros, titulares e suplentes, da Xunta Electoral, órgano encargado de organizar, supervisar e levar a cabo o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.

Os membros que formarán parte da Xunta Electoral serán: A directora (como presidenta da Xunta Electoral), un mestre ou mestra do centro, un/unha representante do persoal non docente e un pai, nai ou titor/a legal de alumnado do centro.

PREVISIÓN DE CALENDARIO DE ACTUACIÓNS:

-VENRES 5: Constitución da Xunta Electoral, aprobación dos censos electorais por parte desta, así como do Calendario de Eleccións do Consello Escolar, que prevese do seguinte xeito:

-DO 8 AO 15: Presentación de candidaturas (de 9:30h a 14:30h)

-O MARTES 16: A Xunta Electoral fará a proclamación de candidatos.

-DÍAS 17 E 18: Plazo de reclamacións ás proclamacións de candidatos.

-DÍA 19: A Xunta Electoral resolverá as reclamacións presentadas e confeccionará as papeletas de votación. Ese mesmo día presidirá o sorteo dos membros da Mesa Electoral da elección de representantes de pais e nais en acto público a celebrar na entrada do centro ás 16:15h. Posteriormente, farase a proclamación definitiva de candidatos.

 -DÍA 23: VOTACIÓNS.

PROFESORADO: Usos Múltiples

PERSOAL LABORAL: Secretaría

PAIS/NAIS: de 16:15 h a 18:30 h (na entrada do centro).

-DÍA 26: a Xunta Electoral resolverá tódalas posibles reclamacións, previa aceptación das mesmas, dende as 9:30h ata as 12:30h, e proclamará os candidatos/as elexidos/as no proceso.

MENÚ ABRIL

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR PARA O CURSO 2021/2022

Xa se poden consultar as Listaxes provisionais de admitidos no comedor para o vindeiro cursos 2021/2022, na Secretaría do centro. 

Ábrese a partir de hoxe, un período de 2 días hábiles de reclamación e aportación de documentación se fora o caso.

VALES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A partir de hoxe e toda a vindeira semana, xa se poden recoller, na Secretaría do centro, os vales de axuda para libros e material. De non recoller os vales antes do venres 9, poderán ser entregado a partir do 1 de setembro.

Lembramos que o noso horario de atención é de 10:00h a 14:00h, agás hoxe, venres 2 que será ata as 13:00h.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2021/2022

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2021/2022

Abrir ficheiro adxunto

 

 

DOCUMENTACIÓN E PRAZOS DE FORMALIZACIÓN DE MATRICULA

En cumprimento do artigo 40 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, entre o 20 e o 30 de Xuño deberáse levar a cabo a FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA daqueles alumnos aos que se lles adxudicou praza para o vindeiro curso 2021-22, debendo aportar a documentación que se relaciona no documento adxunto "DOCUMENTACIÓN NECESARIA_21".

Adxúntanse os formularios necesarios a presentar que se relacionan.

Distribuir contido


by Dr. Radut