Skip to Content

Novas

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS COMEDOR ESCOLAR 2013-2014

LISTAXE ADMITIDOS COMEDOR ESCOLAR 2013-2014

BOLETÍN "COMO CHO CONTO!"

Queridos nenos, nenas, pais, nais,...e demais familia!

Por fin, despois dunha longa espera, aquí está, o derradeiro boletín de COMO CHO CONTO! deste curso. Vén cargadiño de novas e actividades que fixeron os pequenos e pequena.

Como sabemos que tamén estaredes interesados nos dos anteriores, pensamos poñérvolo fácil, así que só tedes que premer na imaxe correspondente para acceder a el

Disfrutádeos!...Ah!, e bo verán!

Primeiro trimestre Segundo trimestre Terceiro trimestre

POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA CURSO 2013-2014

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-2014

Esta é a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2013-2014. Preme no enlace correspondente para acceder a cada lista  

 3 ANOS                                      1º CURSO  

 4 ANOS                                     2º CURSO    

 5 ANOS                                      3º CURSO  

                                                     4º CURSO   

                                                      5º CURSO 

                                                      6º CURSO

NOVIDADES NO NOSO CENTRO: SOMOS CENTRO ABALAR E PLURILINGÜE

Certamente, o primeiro xa non é unha novidade, somos centro ABALAR xa dende o pasado curso.

QUE É UN CENTRO ABALAR?

O noso centro participa dende o pasado curso nun programa desarrollado pola Consellería de Educación que contempla dotar de miniportátiles e wifi de alta velocidade, ademais de EDI e un servidor aos grupos de 3º ciclo de Primaria. No ano anterior empezou nesta experiencia o grupo de 5º , e no presente incorporouse o grupo de 6º. A día de hoxe a valoración en xeral é de moi satisfactoria

Tamén está contemplada no proxecto  a  participación directa dos pais e nais, para o que a información relativa e ampliada sobre o proxecto está á súa disposición no Portal Educativo, sobre todo no apartado específico do Espazo Abalar

Este curso a maiores o noso centro forma parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia, polo que a súa oferta educativa se ve modificada.

O ser Centro Plurilingüe, capacita ao noso colexio a impartir unha área non lingüística de 1º e 2º cursos de Primaria, en inglés; no noso caso concreto, estase a impartir a área de Ed. Plástica. Esta oferta verase ampliada nos vindeiros cursos, incorporando ano a ano os sucesivos niveis de Primaria ata completar toda a etapa.

O feito de contar nestes derradeiros anos con dúas Seccións Bilingües nos grupos de 3º e 4º de Primaria na área de Ed. Plástica, tamén en inglés e á vista dos resultados, animounos a solicitar a nosa participación en dito programa.

Se precisa información máis detallada no relacionado a Centros Plurilingües ou Seccións Bilingües, prema nos links correspondentes

Presentación do proxecto: Unha nova forma de entender a bilbioteca escolar

O pasado mércores, 12 de maio tivo lugar a presentación do proxecto "Unha nova forma de entender a biblioteca escolar" que se puxo en marcha este curso coa colaboración de ALCOA SAN CIPRIÁN.

Se queres saber algo máis sobre o proxecto, aquí tes a presentación que se proxectou no acto de presentación, e tamén tes máis  fotos e os comentarios no Blog da Biblioteca accesible desde esta páxina

 

Se lle queredes botar un vistazo ao proxecto mirade o arquivo adxunto. 

Distribuir contido


by Dr. Radut