Skip to Content

Curso 2007-2008

Viaxe Comenius: Saúdos dende Alemania

Ola companeiros.

Seguro que vos dades conta que neste texto non aparece ningún ene, espaniol, e ista mensaxe está un pouco rara. Débese a que estamos en Alemania dende o pasado luns 14 de abril e este texto foi escrito nun ordenador da escola coa que compartimos proxecto neste país. Como comprenderedes o teclado non ten as mesmas letras.

Polo demais está resultando unha viaxe do máis interesante porque estamos facendo moitos amigos, tanto alemáns como rumanos, que é o outro grupo co que coincidimos na nosa visita.

Tardamos un pouco en enviar esta foto porque non nos foi posible, a verdade é que hai tanto que ver aquí que non paramos nin para isto.

Iso si, asegurarvos que ista será unha desas viaxes que non esqueceremos xamais.Tinamos pensado engadir unha das moitas  fotos que sacamos pero está resultando difícil, pero en canto se poda será o primeiro que  fagamos.

Bicos dende a outra parte do mapa.

  

Comenius Visit

14/04/2008 00:16
20/04/2008 00:16
Etc/GMT+1

O vindeiro 14 de abril, o grupo de nenos e nenas de 6º viaxaremos rumbo a Alemaña, en concreto Frankenberg, para visitar a un dos nosos centros-socios no proxecto Comenius que temos en marcha "Buildings-our European ties". Iremos acompañados de dous adultos, D. Pepe, o director, e Mari a nosa "teacher".

Temos pensado colgar nesta páxina as nosas experiencias diarias durante a viaxe e, por suposto, as fotos que vaiamos sacando, para que podades disfrutar con nós desta experiencia. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut