Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR. NORMATIVA

 "Enténdense como servizos de comedor os de xantar e os de atención aos usuariosnos períodos de tempo libre anterior e posterior da comida do mediodía, nos cales se fomentarán programas de promoción da saúde, hábitos alimentarios e habilidades persoais". Así reza o 2º punto do "Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación" do DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en materia de educación.

O servizo de comedor escolar, que empezou sendo unha oferta dos centros escolares con carácter compensatorio, é hoxe en día unha colaboración máis dos centros que facilita a conciliación familiar, pero que ademais supón parte da aprendizaxe e crecemento persoal do alumnado, de aí a súa gran importancia en todos os sentidos.

Este e outros motivos igual de importantes leváronnos neste curso a considerar, dentro das melloras plantexadas no centro, a unha revisión dos menús que se ofertaron nos últimos cursos. A variación realmente non é moi significativa posto que se manteñen moitos dos platos que figuraban anteriormente ata o punto de ter unha coincidencia de máis dun 85 por cento; o que en realidade se fixo foi reorganizar eses platos, engadir algúns novos e sobre todo, deseñar uns menús compensados e equilibrados como precisan e merecen os nosos pequenos e pequenas. Entendemos tamén que non podemos obviar a calidade na elaboración dos mesmos, polo que apostamos por productos frescos e variados.

Enlaces de interese de Comedores Escolares da Xunta de Galicia:

-"A Xunta de Galicia favorece os hábitos saudables nos menús dos escolares galegos"

-"Menús saudables no comedor escolar" Elaborado co departamento de pediatría da USC

Deixámosvos aquí a normativa vixente sobre Comedores Escolares:

-ORDE do 21 de febreiro de 2007

-DECRETO 132/2013, do 1 de agosto.

AdxuntoTamaño
Orde 21 febreiro 2007 org. fuc. comedor.pdf251.27 KB
Decreto 2013.pdf963.89 KB


page | by Dr. Radut