Skip to Content

MEDIDAS XERAIS COVID-19 PARA O INICIO DE CURSO 20/21

RESUMO DAS MEDIDAS XERAIS COVID-19 INICIO CURSO ESCOLAR 2021/22 SEGUNDO AS INSTRUCCIÓNS DA XUNTA DE GALICIA

1.  O portalón do recinto escolar abrirase ás 08:45h. para facilitar a fluidez e evitar aglomeracións. As clases comezarán ás 09.00h.

2.  As familias que acompañen ao alumnado deberán subir polo lado dereito da rampa, deixará ao seu fillo/a na porta correspondente e, acto seguido, baixará polo lado contrario ao que subiu. AS FAMILIAS NON PODEN PERMANECER NO RECINTO ESCOLAR.

3.  NON HABERÁ FILAS NO PORCHE. Cada neno/a dirixirase á porta de entrada correspondente segundo o curso ao que pentenza:

                  · Porta A: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

                  · Porta B: Educación Infantil e 1º,2º e 3º de Educación Primaria

4.   O alumnado irá entrando ás aulas a medida que van chegando ao colexio, respectando a distancia de seguridade (1,5 m) e coa máscara correctamente colocada (obrigatoria para toda a primaria, e recomendable para E.infantil). Segundo as últimas instruccións dadas dende a Consellería, deberín traer UNHA MÁSCARA DE REPOSTO e  un estoxo para gardala. Recoméndase que cada neno/a traia a súa botella de auga.

5.   En cada porta de entrada haberá un mestre/a de garda que recibirá ao alumnado, indicándolle que desinfecten as mans nos expendededores que se atopan na entrada do edificio e se dirixan ás aulas correspondentes.

6.  Na porta da aula estará o mestre/a que ten clase a 1º hora co alumnado, volverá a desinfectarlles as mans e mandaraos situar no pupitre que lles corresponde.

7.   Na saída, en cada porta, tamén haberá un mestre/a controlando que a saída sexa fluída e se respecte a distancia de seguridade.

8.  O alumnado de E. Infantil que vai a casa á mediodía  sairá ás 13:50h. O alumnado de E.Primaria sairá ás 14:00h. AS FAMILIAS DEBERÁN RECOLLELOS NO PORCHE GARDANDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE E BAIXARÁN ACTO SEGUIDO.

9.   Para calquera xestión co centro educativo, que requira a presenza física, deberán pedir CITA PREVIA (trámites administrativos, dúbidas,etc), a través do teléfono do centro: 886 120 210 e/ou vía electrónica, ao correo: ceip.sansalvador@edu.xunta.es.

10. As familias deberán, DIARIAMENTE, avaliar a saúde do seu fillo/a antes de envialos ao colexio segundo o ANEXO I .ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19 (ver anexo ao final).

O primeiro día de clase cada neno/a levará un documento de COMPROMISO  PARA A REALIZACIÓN do ANEXO I,  e será devolto canto antes, asinado polos pais/nais ou titores legais. O ALUMNADO O ENTREGARÁ Á SÚA TITORA.

11. Todas as familias DEBERÁN FACILITAR UN TELÉFONO DE CONTACTO, QUE DEBE ESTAR SEMPRE OPERATIVO E AS FAMILIAS LOCALIZABLES EN TODO MOMENTO.

O EQUIPO COVID-19

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

INSTRUCIÓNS PARA O INICIO DE  CURSO

Resolución do 1 de setembro do 2020, pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 20/21

· O día 10 de setembro iniciará o curso o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e de 1º, 2ºe 3º de Educación Primaria. 

· O día 11 de setembro iniciará o curso o alumnado de 6º de Educación Infantil e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

·Debido a situación sanitaria actual, o horario variará. A entrada será dende as 8:45 ata as 9:00.

·Non se farán filas no porche. Os nenos subirán as aulas conforme vaian chegando tendo, obligatoriamente, que desinfectar as mans na entrada.

·Nos próximos días, o centro porá a disposición de toda a comunidade educativa as normas do plan de adaptación ao COVID-19 para o curso 20/21.

BOAS VACACIÓNS!

BOAS VACACIÓNS!

Todo o equipo de mestres do CEIP San Salvador queremos desexarvos a tod@s un bo verán cheo de momentos inesquecibles.

Recargade as pilas ao máximo para que en setembro podamos volver dando o mellor de cada un!

Unha aperta moi grande!

 

ENTREGA E RECOLLIDA DE MATERIAL E BOLETÍNS

RECOLLIDA E ENTREGA DE MATERIAL E BOLETÍNS

Para a recollida de material, boletíns de notas e devolución de libros de préstamo e ordenadores, establécese o seguinte sistema de quendas:

· Martes, 16 de xuño, de 9 a 14 horas: as familias de 3º e 5º de Primaria.

·Mércores, 17 de xuño, de 9 a 14 horas: as familias de 4º e 6º de Primaria

·Xoves 18 de xuño, de 9 a 14 horas: as familias de 1º e 2º de Primaria e Ed. Infantil

No caso de ter fillos/as en distintos cursos, só terán que vir o primeiro día que lle toque por curso e fillo/a (por exemplo: se ten un fillo/a en 3º e outro en 6º, virán só o día 16, traendo e levando todo o dos dous fillos/as).

As xestións a realizar son:

- Recoller os boletíns de notas e material do alumno/a que quedara no colexio

- Entregar os libros de préstamo, incluíndo os da biblioteca (se teñen algún na casa).

- Aqueles que levaran ORDENADOR EN PRÉSTAMO, tamén deberán devolvelo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Fondo solidario de libros- Axuda para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria.

Orde do 12 de maio de 2020, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Prazo de solicitude: dende o 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive. 

Presentación da solicitude:

· Vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)

· A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/

· Presencialmente nos centros docentes

· En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

Hai un ERRO na Orde de convocatoria que aparece na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral da declaración do IRPF de exercicio fiscal 2018, non é 432 , se non que o correcto é 435. 

Adaptación das programacións dos distintos cursos e especialidades 19/20

Adaptación das distintas programacións

Seguindo o establecido nas Instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación educativa para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 19/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, faranse públicas na páxina web do centro as adaptacións das programacións didácticas de primaria (Apartado "Adaptacións das programacións didácticas", no punto 6.13).

 

Premendo en Regulamento do Centro, na marxe esquerda, toda a comunidade educativa terá acceso ás adaptacións dos distintos cursos e especialidades. 

Poden pulsar directamente AQUÍ

 

LETRAS GALEGAS 2020

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Este é un dos días máis importantes para a cultura galega. Xa que non o podemos celebrar como nos gustaría, dende o colexio queremos dedicarvos este pequeno vídeo no cal se reflexan os aspectos máis importantes do autor conmemorado este ano: Ricardo Carvalho Calero. Para iso utilizamos os carteis que fixemos durante o 1º trimestre, lembrádelo?

 Tamén queremos propoñervos uns xogos interactivos. PICADE NAS IMAXES!

Se queredes aprender máis sobre Carvalho Calero e o Día das Letras Galegas facede CLIC AQUÍ

RESUMO DAS INSTRUCIÓNS DO 3º TRIMESTRE DO CURSO 19/20

RESUMO DAS INSTRUCIÓNS DO 3º TRIMESTRE DO CURSO 19/20

Texto completo AQUÍ

1- Realizaranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado (páx.5-apdo:6.2)

 

2- A avaliación e cualificación do alumnado neste 3º trimestre será sempre en beneficio do alumnado, é dicir, soamente terá un valor positivo (páx.6-apdo:6.9/ páx.7-apdo:7.2)

 

3- Flexibilizaranse os criterios de promoción en todos os cursos de primaria. A repetición considerarase unha medida excepcional (páx.7-apdo:7.5/ páx.11-apdo:2.5)

 

4- De cara ao próximo curso 20/21, terase en conta a excepcionalidade do curso actual; de tal xeito que a programación deberá adaptarse ás medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado que cambie de etapa ou curso, detallando aquelas aprendizaxes imprescindibles e que, por diversas causas, non puideron ser adquiridas neste curso (páx.11-apdo:2.6/2.7)

Información sobre a matrícula para o curso 2020/2021

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN

 

O prazo de presentación de solicitudes de admisión comezará o 11 de maio do 2020 e

rematará o 18 dese mesmo mes.

PICA AQUÍ 

A publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido  serán antes do 9 de xuño

 

A publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido serán ata o 26 de xuño

 

O prazo de formalización de matricula ordinaria será do 1 ao 10 de xullo.

 

O centro estará aberto a partir do 11 de maio en horario de 9:00 a 14:00h

Para máis información non dubides en poñerte en contacto connosco no 886 12 02 10

 

ESPERÁMOSTE PARA QUE FORMES PARTE DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA!Sorriso

RECORDATORIO

RECORDATORIO

O profesorado do CEIP San Salvador queremos recordarlles a familias e alumnado que o día 1 e 4 de maio están considerados non lectivos no calendario escolar, polo cal as actualizacións dos blogues faranse a partir do martes 5 de maio.

Xa queda menos! Moito ánimo a todos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut