Skip to Content

RECORDATORIO

RECORDATORIO

O profesorado do CEIP San Salvador queremos recordarlles a familias e alumnado que o día 1 e 4 de maio están considerados non lectivos no calendario escolar, polo cal as actualizacións dos blogues faranse a partir do martes 5 de maio.

Xa queda menos! Moito ánimo a todos!

 

CHEGOU O DÍA!

CHEGOU O GRAN DÍA!

A partir do día 26 de abril chegou o acontecemento que tanto estábamos desexando: por fín os nenos e nenas poderán volver a saír á rúa! 

É soamente un pequeno adianto do gran camiño que queda por percorrer, polo que temos que seguir sendo responsables e cumplir as normas para que, pouquiño a pouco, podamos volver a normalidade. Con este sinxelo conto, poderedes ter presentes todas as normas que debemos ter en conta a partir de mañá. Disfrutádeo!

Podedes descargar o arquivo en PDF nos documentos adxuntos.

DÍA DO LIBRO 2020

DÍA DO LIBRO 2020

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro; un día que para un colexio é dos máis especiais do ano.

Este curso non o podemos festexar como tiñamos pensado nun principio, polo que debemos adaptarnos a esta nova situación e, entre todos, tratar de disfrutalo ao máximo.

Neste tempo de confinamento, un libro é un medio que nos permite viaxar a lonxanos lugares coa nosa imaxinacióm: dende o Polo Norte ás selvas máis salvaxes, a planetas lonxanos, a cidades incribles...

Por iso, propoñemos dende a biblioteca do centro diversas actividades para realizar en familia, coas que podemos divertirnos e, tamén, desenvolver a nosa imaxinación. Podedes velas no blog do cole ou picando directamente neste ENLACE

Tamén podedes acceder a unha gymkhana literaria e outros recursos picando nos ficheiros adxuntos.

Moito ánimo de todo o profesorado do CEIP San Salvador!!

3º TRIMESTRE

Información para o alumnado e as familias

A partir de mañá dará comezo o 3º trimestre, polo que retomamos o uso do blogue ceipsansalvador.blogspot.com para as suxerencias de traballo para os distintos cursos

 

Moito ánimo a todos e todas! 

Para o alumnado do CEIP San Salvador

BOTÁMOSVOS DE MENOS! 

INFORMACIÓN DESTACADA

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

- Para a consulta de calquera dúbida a nivel xeral poñemos a disposición das familias o correo ceip.sansalvador@edu.xunta.es, así mesmo está activo o teléfono do centro de 10:00 a 12:00.

- Recordámoslles  a  aquelas  familias  beneficiarias de bolsas  de comedor escolar,  que a  Xunta de Galicia  establece un  prazo  para a presentación  de solicitudes para atender ao pagamento das compensacións dende o 30 de marzo ao 6 de abril, que deben solicitar as propias familias de xeito telemático (PICA AQUÍ)

- Así mesmo, prégase que cada familia lle envíe as titorías dos seus fillos un correo electrónico a través do cal poidan enviarlle o venres (3 de abril) os boletíns de notas correspondentes ao 2º trimestre.

Para aquelas dúbidas concretas sobre as actividades ou tarefas enviadas ao alumnado, podedes poñervos en contacto con cada un dos  mestres do centro no seu correo electrónico (publicado nesta mesma páxina web anteriormente).

 

ÁNIMO A TODOS! CADA DÍA QUEDA MENOS PARA RECUPERAR A NORMALIDADE!Sorriso

Programa: "Aprendemos en casa"

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e RTVE lanzan "Aprendemos en casa" para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases presenciais.

É unha programación especial de televisión, con 5 horas horas diarias de programación educativa, para estudantes de 6 a 16 anos. Emitirase a partir do luns 23 de marzo en Clan TV e La 2 de TVE.

Podedes acceder a todo o contido na seguinte páxina: https://aprendoencasa.educacion.es 

Este é outro recurso a vosa disposición para este tempo que estamos a vivir. Non substitúe ao traballo dos mestres/as que seguiremos ampliando no blogue, pero pode ser un bo complemento ao mesmo.

CORONHORARIO

Sabemos que estes días poden ser longos e aburridos, por iso dende o CEIP San Salvador queremos facervos unha proposta de horario que poidades tomar de exemplo á hora de organizar o tempo dos cativos. Presentamos o CORONHORARIO!

Se queres ver esta imaxe máis grande e clara pulsa AQUI!

 

Información IMPORTANTE para o periodo sen clase

INFORMACIÓN IMPORTANTE 

Durante este periodo no cal as clases están suspendidas, co fin de facilitar que o alumnado poida continuar aprendendo, dende o CEIP San Salvador poñemos a disposición de todas as familias o blog: ceipsansalvador.blogspot.com

No mesmo, os mestres faran as planificacións para os distintos cursos e asignaturas, de xeito que os nenos e nenas poidan seguir traballando dende os seus fogares e tratando de aproveitar o tempo o máximo posible. Recordade ver as entradas antigas se non atopades a información do voso curso. Tamén podedes desplegar o índice que está na marxe dereita, que vos facilitará a busca dos contidos.

Asimesmo, poñemos a vosa disposición os correos electrónicos de todo o profesorado. Non dubidedes en poñervos en contacto con nós para resolver calquera dúbida que poida xurdir.

Mestra Paqui (4º de EI): fbautista@edu.xunta.es

Mestra Julia (5º e 6º de EI): jlcampos@edu.xunta.es

Mestra Teresa (1º primaria): maria.teresa.de.araujo@edu.xunta.es

Mestra Noelia D. (2º primaria): noeliadovaltorio@edu.xunta.es

Mestra Ana (3º primaria): apdelrio@edu.xunta.es

Mestra Noelia  P. (4º primaria): noeliaperezalonso@edu.xunta.es

Mestra Nieves (5º primaria): yelena@edu.xunta.es

Mestra Mila (6º primaria): milagrosgonzalez@edu.xunta.es

Mestra Eva (Inglés): evamaria.perez@edu.xunta.es

Mestre Fernando (Educación Física): fernandoperez@edu.xunta.es

Mestra Ángeles (Relixión): angeles.miguel@edu.xunta.es

Mestre Miguel (Música): exorior@edu.xunta.es

 

Orientador: jesusabel@edu.xunta.es

Especialista en Pedagoxía Terapéutica: linasenlle@edu.xunta.es

Especialista en Audición e Linguaxe: maria.olga.lopez.vidal@edu.xunta.es

Mestre de REFORZA-T (proa): osmargi87@edu.xunta.gal

Información sobre a solicitude de matrícula para o curso 2020/2021

Debido á actual sitación social, AMPLÍASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN TELEMÁTICA E PRESENCIAL de solicitudes de admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

SOLICITUDE DE PRAZAS PARA O CURSO 2020-2021

O prazo de solicitude de matrícula está aberto do 1 ao 23 de marzo. Para levar a cabo o proceso telemáticamente pica no seguinte enlace:

  MATRÍCULA

A solicitude de admisión pódese cubrir na aplicación anterior para presentar en sede electrónica ou directamente no centro. 

Tamén podedes pasar polo colexio e recoller a documentación na secretaría.

Para máis información non dubides en poñerte en contacto connosco no 886 12 02 10.


ESPERÁMOSTE PARA QUE FORMES PARTE DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA! Sorriso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut