Así celebramos o Entroido no San Salvador. Este ano estivo adicado ás profesións, dacordo co proxecto anual do curso; tivemos bombeiros/as, doutores/as, pintores/as, xardiñeiros/as...
Aquí tedes o vídeo que demostra o ben que o pasamos ese día!
Este ano celebramos o día da Paz cantando, bailando e facendo un pequeno lipdub no que os nenos e nenas expresan os seus desexos por todos os recantos do colexio.
Rematamos o 1º trimestre celebrando por todo o alto un gran Festival de Nadal. Queredes ver o talentosos que son os nenos e nenas do San Salvador? Picade nos enlaces da parte inferior para ver as distintas actuacións!
Somos un colexio responsable co medio ambiente, respetuoso coa nosa contorna. Estamos inscritos na Rede de Hortas Escolares e tamén en Voz Natura, no cal xa fumos premiados.
A comunidade educativa aboga por favorecer unha aprendizaxe práctica, funcional, a través de proxectos que achegue ao alumnado á adquisición de valores e conductas responsables dun xeito atractivo, lúdico e motivador.
Todos os cursos teñen unha mesa de cultivo, e a través de equipos os coidamos e mantemos activos. Temos formación presencial e práctica para o alumnado e profesorado. Dende os máis cativos ata os mais maiores aprendemos a compartir responsabilidades.
Comezamos esta nova andadura mostrando o ben que o pasamos na primeira gran celebración deste curso escolar: o Samaín!
Pero, nesta ocasión, os protagonistas non foron soamente o medo e as cabazas, senón que celebramos a 1ª edición de Got Talent no San Salvador, mostrando a arte e o talento do noso alumnado.
Aquí tedes algúns vídeos que son testemuña dese día! E non esquezades pasar polagaleríaque se atopa na parte superior da paxina para ver algunhas fotos terroríficas!!