Skip to Content

NOVAS!

RESERVA DE PRAZA PARA O IES DE TEIS

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos incluídos) estña aberto o prazo de reserva de praza no centro adscrito IES de Teis.

No caso de que o alumno/a vaia cursar 1º da ESO en dito centro, débese presentar a solicitude nunha das seguintes formas:

- A través da aplicación informática ADMISIÓN ALUMNADO , cubrindo o modelo ED550A e o Anexo I-bis  (é preciso dispoñer de certificado de identidade e sinatura dixital ou a Chave 365).

Presentación presencial na secretaria do noso centro. Podedes solicitar a documentación ou descargala nos documentos anexos.

HORARIO DE REUNIÓNS TITORAS - FAMILIAS E CURSO 23-24

O horario de reunións de cada titora coas familias do grupo correspondente terán lugar o MARTES 26 DE SETEMBRO no seguinte horario:

HORA CURSO TITORA AULA
16:00  4º Infantil Dna. Francisca Bautista Montero 005
5º e 6º Infantil Dna. Julia Losada Campos 108
4º e 5º  Primaria Dna. Patricia Pérez Iglesias 102
6º Primaria Dna. Noelia Pérez Alonso 202 
17:00  1º Primaria  Dna. Rebeca Medina Sola 107 
2º Primaria Dna. Mª Teresa de Araújo Parada 207
3º Primaria Dna. Judit Ucha García 205

 Pregamos asistencia puntual para o mellor desenvolvemento do curso.

Solicitude de comedor para o Curso 2023 - 2024

A Solicitude e o Anexo II deberán ser entregadas cubertos na secretaría do Centro en horario:

de 10:00 a 13:00 ata o 14 de Xullo.

Poderán descargarse nos seguintes links ou recollerse no propio centro.

 

 

Solicitude de comedor  |   Anexo II e instrucións

 

 

* DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

 

LISTAXES FONDO LIBROS

O CEIP Plurilingüe San Salvador informa que as listaxes provisionais de Fondolibros para axudas de libros e material escolar serán publicadas no taboleiro do centro o luns 3 de xullo, tendo 2 días para presentar alegacións e reclamacións.

As listaxes definitivas publicaranse o xoves 6 de xullo.

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE PRIMARIA E DA ESO DO CONCELLO DE VIGO PARA O CURSO 2023-2024

O prazo para presentar a solicitude e a documentación será do 5 ao 30 de xuño (ambos inclusive)

Para facer a solicitude e obter toda a información pulsa no seguinte link:

PÁXINA DA SOLICITUDE

Podedes atopar a convocatoria completa nos documentos adxuntos desta publicación.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Informamos ás familias da publicación ORDE DO 10 DE MAIO DE 2023 do fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, ESO e educación especial.

O prazo de presentación das solicitudes vai do 20 de maio ao 21 de xuño do 2023 (ambos inclusive) para E.P. e  E.S.O. No caso do alumnado que se matricula en 1º da ESO deben presentar a solicitude no IES no que foron admitidos/as. As familias que precisen a solicitude impresa poden solicitala na Secretaría do centro.

Documentación a presentar:

· Anexo 1 e Anexo 2 cubertos e asinados correctamente (dispoñibles nos arquivos adxuntos)

· Copia do libro de familia ou similar

· En caso de separación, divorcio ou cambios na custodia, copia das sentencias ou resolucións xudiciais.

Lembrade que os datos da renda solicitados corresponden ao exercicio 2021

RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS

O alumnado que estea matriculado en 6º de primaria e vaia cursar 1º da ESO no IES de Teis (centro adscrito), deberá presentar a reserva de praza no colexio dende 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro  (ambos inclusive). 

A solicitude pódese presentar TELEMATICAMENTE, como se explica nas instruccións, ou no propio centro. Neste caso pódese solicitar o formulario en papel en secretaría ou descargalo dos documentos adxuntos.

INSTRUCIÓNS SOBRE A AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Todas as familias beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50€

recibirán un vale adicional de 25€.

A partir do martes 18 de outubro, todo o alumnado poderá recoller dito vale no centro.

Este vale debe empregarse antes do 1 de decembro do 2022.

Pódese consultar a Resolución do 5 de outubro de 2022 nos arquivos adxuntos.

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR DO CONCELLO DE VIGO

Poñemos a disposición das familias a información relativa as axudas do Concello de Vigo para libros, material escolar e comedor para o curso 22/23.

Podedes acceder directamente á información a través da seguinte ligazón:

AXUDAS MUNICIPAIS- Sede electrónica

Tamén podedes descargar a información nos arquivos anexos.

O prazo é do 12 de xullo ao 9 de agosto.

FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS CON FILL@S EN EDUCACIÓN PRIMARIA:

O luns 4 de xullo colgáronse no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para as axudas de Fondolibros e Material Escolar para o curso 22/23. Podedes consultar as listaxes de forma presencial ou chamando por teléfono ao colexio.

O prazo de alegacións remata o mércores 6 de xullo ás 13:00.

O xoves 7 de xullo publicaranse no taboleiro do colexio as listaxes definitivas e poderanse recoller os vales de libros, para 1º e 2º de Primaria, e os vales de material para toda Primaria dende o 7 ao 11 de xullo en horario de 9:00 a 14:00.

En caso de que non poida vir o pai, nai ou titor/a do alumn@ a recoller os vales de libros e material escolar, poderá recollelo outra persoa traendo unha autorización na que figuren o DNI da persoa que autoriza e da persoa autorizada, así como o nome do alumn@. De non poder recoller os vales en xullo poderase facer a partir do 1 de setembro

Distribuir contido


by Dr. Radut