Skip to Content

VIGUESES DISTINGUIDOS

Estamos de aniversario!!Sorriso

O CEIP San Salvador cumpre 50 anos educando, aprendendo e compartindo un espazo de ensinanza.

Este premio recibido por alcanzar este medio século é de todo o alumnado, profesorado e familias que forman ou formaron parte do colexio ao longo deste tempo e que fan posible que hoxe sigamos esforzándonos por lograr unha educación integradora, ilusionante e de calidade.

Aquí tedes unha mostra da gala celebrada este mércores 23 de marzo:

SAÍDA DE 5ºA, 5ºB E 6º

Os nenos e nenas de 5ºA, 5ºB e 6º realizaron unha saída ao Pazo de Castrelos.

Queredes ver todo o que aprenderon e o ben que o pasaron?

AQUÍ O TEDES!!

MELLORANDO A CONVIVENCIA NO CEIP SAN SALVADOR

O uso das redes sociais entre os menores pode ser algo moi positivo nestes tempos de pandemia, pero ten os seus perigos...

Neste vídeo poderedes comprobar un dos riscos de publicar datos persoais nos espazos virtuais.

A Comisión de Convivencia

EDUCANDO EN VALORES

 "Porque o fín último da nosa educación é formar a persoas comprometidas e xustas, aquí temos unha representación delas. O feito de que un grupo de alumn@s de 6º de primaria, de "motu propio", cambiara un tempo de lecer polo traballo de confeccionar carteis en inglés para facerlles chegar aos refuxiados ucraínos o seu sentir e o seu apoio, faime sentir enormemente orgullosa, como mestra e como representante dun colexio que o que busca é crear futuras "boas persoas".

Felicidades á toda a comunidade educativa, porque eles/as son a nosa mellor obra".

                                          A directora.

ENTROIDO 21-22

MATRÍCULA 22-23

Esperámosvos para que formedes parte da familia do CEIP San Salvador!

Aquí vos deixamos este vídeo do ano pasado, por se non podedes vir ás xornadas de portas abertas. Aínda que estamos en continua mellora e moitos aspectos están xa desfasados, pódevos axudar a coñecer os aspectos máis relevantes.Risa

Recordade que aínda estades a tempo de coñecernos o 15 ou o 22 de febreiro! 

 Ademais recordade que podedes visitar as nosas redes sociais para estar á última do noso traballo!

Se tedes calquera dúbida poñedevos en contacto connosco.

SAÍDA DE 5ºA E 6ª

O alumnado de 5ºA e de 6º de Educación Primaria visitou o museo Verbum de Samil, para participar nas distintas actividades organizadas para celebrar o "Día das Nenas e Mulleres na Ciencia", conmemorado o 11 de febreiro.

Queredes ver un pouquiño desta gran experiencia? 

AQUÍ O TEDES! 

DÍA DA PAZ

SAÍDA DE 4º E 5ºB

Os nenos e nenas de 4º e 5ºB levamos a cabo a 1ª saída do curso!! 

Tendo en conta o proxecto do centro "Vigueando", coñecemos de primeira man a importante labor que leva a cabo a Protectora de Animais de Vigo, visitamos o dolmen de Candeán, ou "Casa dos Mouros" e desfrutamos dunhas vistas inmellorables dende o Miradoiro da Madroa.

Mirade o seguinte vídeo para que vexades o moito que aprendemos e desfrutamos!! 

Bo Nadal!!

Distribuir contido


by Dr. Radut