Skip to Content

CÓMIC DA RECONQUISTA

O alumnado do CEIP San Salvador fixo este cómic ilustrativo da Reconquista de Vigo.

Non volo perdades!


SAÍDA AO CASTRO DE ED. INFANTIL

O alumnado de Ed. Infantil visitou o Monte do Castro de Vigo, no cal coñeceron en primeira persoa como vivían os primeiros vigueses e compartiron risos e experiencias. 

Aquí podedes ver o ben que o pasaron!

ÚLTIMAS NOVIDADES DO CEIP SAN SALVADOR

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 22/23

Poñemos a disposición das familias a información relativa as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o vindeiro curso 22/23.

AXUDAS

O prazo de solicitude exténdese do 19 de maio ao 30 de setembro do 2022.

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2022/2023

O prazo para realizar a solicitude e dende o día 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

As solicitudes poderanse presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación  FONDOSOLIDARIO

Podedes descargar os documentos clicando nos seguintes enlaces: Anexo I e Anexo II.

Así mesmo poñemos a vosa disposición as seguintes instrucións e a orde de convocatoria (clicando en documentos adxuntos).

SAÍDA DE 6º- NAUTILUS

Os nenos e nenas de 6º de Primaria tiveron a oportunidade de investigar os segredos da Ría de Vigo abordo do Nautilus. 

Queredes ver que ben o pasaron? Aquí tedes o vídeo!

RELATOS DE ROSALÍA

O Día 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e o alumnado de 5º e 6º deixaron voar a súa imaxinación creando estes bonitos relatos.

ÚLTIMAS NOVIDADES!!

SAÍDA: AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acudiron ao auditorio do Concello de Vigo a desfrutar dun concerto da Escola de Música Tradicional que facía un percorrido pola historia de Vigo e a súa contorna a través da música e o canto.

Ademais aproveitaron para achegarse as murallas do Castelo de San Sebastián e admirar a paisaxe da cidade.

Queredes ver como o pasaron? Premede no vídeo!

SAÍDA: TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5ºB fixeron un pequeno tramo do Camiño de Santiago portugués, recorrendo unha parte da Senda da Auga.

Deste xeito completamos o proxecto "Escola en Camiño", poñéndonos na pel dos peregrinos, compartindo vivencias e coñecendo a persoas de distintas procedencias que nos atopamos na saída!

Aquí tedes o vídeo!

Distribuir contido


by Dr. Radut