3º Curso
ENQUISA 3º
ENLACE ENQUISA (fai click aquí)
SEMANA SANTA
Ola a tod@s!
Xa estamos de vacacións e, como todos temos o mesmo plan, vouvos facer unhas recomendacións (tranquil@s, non precisamos libros nin fichas):
Lembra sempre respetar a tod@s e disfruta de actividades que podes facer coa túa familia: ler, contar chistes, cantar, bailar, ver películas, facer xogos de memoria, bingos coa táboa, viaxes online... seguro que se vos ocorren mil ideas máis!
Aproveita cada ocasión para practicar o que sabes e aprender un pouco máis:
Axuda a preparar menús, receitas de cociña (por que non vas facendo con elas o teu libro de receitas ilustrado?) Mira as etiquetas dos alimentos e decide si son sans...
Podes facer xogos online para repasar https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/
Mira as propostas que che fai Repoluga, son moi interesantes! (en biblioteca, BLOG REPOLUGA)
Podes facer actividades de repaso que propón a profe Cris no programa Refórza-t. Son moi chulas!
Aproveita o tempo porque... lembras o que vos digo sempre do tempo? Nun futuro, no que andaremos a correr dun lado para outro, recordaremos esta experiencia e todo o que nos permitiu facer.
Así que... ponte a organizar as vacacións! Podes elaborar un folleto con todas as actividades que vas a facer nestes días (como si fora dunha axencia turística)
Veña... a que estás esperando?
Non esquezas sorrir e disfrutar! Un bico moi grande!
Berta
Actividades de inglés
Face-las fichas (non fai falta copialas,só escribir o número da actividade e a solución) e practicar a canción e o chant da unidade 4 "My bedroom".
Actividades de inglés
Face-las fichas (non fai falta copialas,só escribir o número da actividade e a solución) e practicar a canción e o chant da unidade 4 "My bedroom".
Sempre estamos aprendendo
Ola a tod@s!
Para seguir co traballo escolar dende a casa envíovos o enlace para acceder ós vosos libros de texto online (irei poñendo algunhas tarefas dos textos para avanzar un pouco de materia):
Santillana.es aulavirtual
Licencia usuario: 99999980-17491-0001
Contraseña: Y5jxHXTe
TAREFAS PROPOSTAS
- Repasa cálculo e problemas, horas, valor de moedas e billetes...
- Le moito
- Adica algún día a falar galego
- Escribe un conto: "Había unha vez un virus que vivía......., era moi viaxeiro e..."
- Fai un banco de palabras que estás aprendendo coas súas definicións: coronavirus, epidemia, pandemia, cuarentena, confinamiento, teletrabajo...
- Podes escribir un diario no que contes que fas e que sentes cada día (e ilustralo)
- Non esquezas comportarte axeitadamente, respetar, sorrir e agradecer
- Cóidate e queda na casa!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5