LISTA MATERIAL 2020-2021

MATERIAL ESCOLAR PARA 2º CURSO DE PRIMARIA

 1 Tesoiras 

2 lapis do nº2 STAEDLER

2 lapis bicolor STAEDLER

2 goma Milán o Staedler

1 bote de pegamento de barra.

1 caixa de ceras PLASTIDECOR 24 cores..

 2 carpetas de gomas tamaño folio.

 1 afialapis.

 1 estoxo de 2 cremalleiras.

 Kit Hixiénico: un pequeño neceser que conteña: 1 mascarilla de reposto( aparte da que levamos posta) , una bolsa de tela para gardala, 1 xel desinfectante de mans pequeno, 1 paquete de panos de papel.

 NOTA: Os libros de texto deben vir forrados, tanto os libros como o resto do material virá debidamente marcado co nome do alumn@ nunha pegatina por fora e visible. As regras , os ficheiros de anillas e os blocs de cartulinas, os cadernos, e os rotuladores seguimos usando os que temos na aula do ano pasado.

 

NOTA: CALQUERA DESTE MATERIAL QUE SE CONSERVE DENDE O ANO PASADO TRAERASE PARA UTILIZAR ATA QUE SE REMATE.

                                     NON SE COMPRARÁ NOVO.

                                         OS LUNS E VENRES  DEBERÁN TRAER CHÁNDAL , CALZADO   DEPORTIVO

Material para 1º curso 2020-21

Abrir o ficheiro adxunto.

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2020-21

 Libros de texto 1º curso (Ed. VICENS VIVES- Proxecto Zoom)

CIENCIAS DA NATUREZA 1: ISBN: 9788468255927

CIENCIAS SOCIAIS 1: ISBN: 9788468255934

LINGUA GALEGA 1: ISBN: 9788468255910

MATEMÁTICAS 1: ISBN: 9788468254692

VALORES SOCIALES Y CÍVICOS 1: ISBN: 9788468254838

RELIXIÓN CATÓLICA 1º: ISBN: 978-84-678-8651-1. Editorial ANAYA. 

INGLÉS:  9780194562348. All About Us 1 class book pack . OXFORD.

 

Libros de texto 2º curso (Ed. VICENS VIVES- Proxecto Zoom)

CIENCIAS DA NATUREZA 2: ISBN: 9788468255996

CIENCIAS SOCIAIS 2: ISBN: 9788468256009

LENGUA CASTELLANA 2: ISBN: 9788468254852

LINGUA GALEGA 2: ISBN: 9788468255989

MATEMÁTICAS 2: ISBN: 9788468254869

RELIXIÓN CATÓLICA 2º: ISBN: 978-84-678-7709-0. Editorial  ANAYA.   

INGLÉS:  ISBN 978-0-19-450730-1. Great Explorers 2 class book pack. OXFORD.

 

Libros de texto 3º curso (Ed. VICENS VIVES- Proxecto Zoom)

CIENCIAS DA NATUREZA 3: ISBN: 9788468250717

CIENCIAS SOCIAIS 3: ISBN: 9788468252087

LENGUA CASTELLANA 3: ISBN: 9788468257730

LINGUA GALEGA 3: ISBN: 9788468271149

MATEMÁTICAS 3: ISBN: 9788468258874

INGLÉS:  ISBN 978-0-19-456238-6 All About Us Class Book 3. OXFORD.

            ISBN 978-0-19-456224-9 All About Us Activity Book 3. OXFORD.

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS 3: ISBN 978846826808

Libros de texto 4º curso (Ed. Santillana- Proxecto Saber Facer)

CIENCIAS DA NATUREZA 4: ISBN 978-84-9972-600-7

CIENCIAS SOCIAIS 4: ISBN 978-84-9972-714-1

LENGUA CASTELLANA 4: ISBN 978-84-680-2956-6

LINGUA GALEGA 4: ISBN 978-84-9972-616-8

MATEMÁTICAS: ISBN 978-84-8305-609-7

INGLÉS: ISBN 978-0-19-450768-4 Great explorers 4 Class Book. OXFORD.

                     ISBN 978-0-19-450760-8 Great Esplorers 4 Activity Book. OXFORD.

 

  • LIBROS 5º PRIMARIA

·     Sen libros: EDIXGAL  posto que utilizan os ultraportátiles do programa EDIXGAL en tódalas materias.

 

  • LIBROS 6º PRIMARIA

·     Sen libros: EDIXGAL  posto que utilizan os ultraportátiles do programa EDIXGAL en tódalas materias.

 

 

 

 

 

BAILE FIN DE CURSO

Bo día a tod@s!!!

Desculpade polo retraso, pero xa sabedes dos problemas do directo....

Como ben sabedes este curso foi especial para todos, e como tal, o Festival de fin de curso non podería ser menos especial.

Aquí tedes o enlace ao vídeo onde poderedes gozar das e dos grandes artistas deste magnífico centro educativo.

 

 https://www.youtube.com/watch?v=JL2I3fkdabg&feature=youtu.be

 

 

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración, simpatía e cariño co que vos implicástedes, para que, ainda que neste curso nos quedaran cousas no tinteiro por facer e por vivir, sempre nos quede unha lembranza do que vivimos xuntos durante moitos días do ano...

 

Bicos e abrazos mil de todo o profesorado do Ceip San Roque para o alumnado, familias e persoal pertencente a esta comunidade educativa, e un moi especial a ese alumnado de SEXTO que non puidemos despedir como se merecen

 

FELIZ VERÁN!!!!!!

FIN DE CURSO

Ola amiguiñ@s!

Acabo de ler o Faro da Escola, que se publica hoxe co Faro de Vigo, e teño que felicitarvos por seguir aprendendo e superándovos. E tamén ás vosas familias e profesores que fixeron un gran esforzo para adaptarse á nova situación. Eu xa sabía que vós podedes con todo... 

Vou gardar moi ben este Faro da Escola na miña biblioteca para recordar sempre que podemos sacar proveito de tódalas situacións, incluso das máis difíciles, e que os nenos e nenas sabedes moito diso. Bo traballo, colegas! E agora... a disfrutar das vacións que as tendes ben merecidas. Ata pronto!

A vosa Repoluga

Admisión alumnado CURSO 2020/2021

Comprácenos comunicar, con respecto as solicitudes de Admisión de novo alumnado para o vindeiro curso, que unha vez rematado o prazo de admisión e feito o reconto de solicitudes, non fixo falta baremar, é dicir, facer unha selección, xa que o número de prazas vacantes é superior ás solicitudes presentadas.

Polo tanto, TODOS OS NENOS E NENAS ESTÁN ADMITIDOS e deberán agardar a que o centro os chame para formalizar a MATRÍCULA, (o prazo establecido por Educación é do 1 ao 10 de Xullo).

 

Non podemos publicar a listaxe de nomes aquí na web porque a lei non o permite, pero ao estar todos admitidos e con praza asignada, non debedes preocuparvos.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

Estimadas familias, informamos de que se publicou a orde que regula o fondo solidario de libros e axudas para material escolar.

Poden presentar a solicitude vía electrónica mediante a aplicación fondolibros (pulsa para acceder) ou de xeito presencial, presentando o impreso debidamente cumprimentado xunto coa documentación requerida no día que se estipule (os que poidades ide cumprimentando as solicitudes e xuntando a documentación, comezaremos o próximo luns 25 de maio a recoller solicitudes aquí no centro).

 

Para obter máis información poden consultar a Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)

Aquí tendes os enlaces aos Anexos I e II para a solicitude (quen non poida imprimir, a partir do luns tendes aquí no centro os formularios de solicitude, se traedes o resto da documentación xa podedes presentar a solicitude):

Anexo I e II

 

E para finalizar, un resumo da documentación obrigatoria:

  • Anexos I e II debidamente cumprimentados
  • DNI/NIE
  • Declatación da renda do 2018 (se se opón á consulta)
  • Certificación de dicapacidade (se é o caso)
  • Percepción de pensión por incapacidades (se é o caso)
  • Sentencia xudicial de divorcio (se é o caso)
  • Libro de familia
  • Volante de convivencia (se o solicitante carece de DNI e Libro de familia)
  • OUTROS: violencia de xénero, incapacitación, garda ou tutela da Xunta de Galicia...

As pitas baixo a choiva

 

  Un libro que Ricardo Carvalho escribiu para nenos foi “As pitas baixo a choiva”. Neste enlace tedes o libro completo, unha unidade didáctica sobre o libro, e música para bailar e cantar.

http://aspitas.gal/

LETRAS GALEGAS 2020

Carvalho Calero también fue un gran educador - Faro de VigoRicardo Carvalho Calero - Photos | Facebook

Este ano na festa  das nosas letras homenaxeamos ao escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero. Este ilustre galego tamén foi profesor, nada menos que o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela! Está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Queres saber máis sobre él? Neste enlace tes actividades en liña moi entretidas e  outras para imprimir.

http://seminariogalan.org/

REAPERTURA PRAZO DE ADMISIÓN

 

 
 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Reestablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, abarcando do 11 ao 18 de maio de 2020.

(Alumnado de nova incorporación ao centro).

Poden pasar polo centro para a entrega de documentación a partir do vindeiro luns, 11 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas, previa cita.

Teléfonos para solicitar cita: 886151891; 886151892; 886151893;

RECOMENDAMOS CUBRIR A SOLICITUDE NA SEGUINTE DIRECCIÓN DE INTERNET

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

SOAMENTE HAI QUE CUBRIR E GARDAR A INFORMACIÓN, O CENTRO SERÁ O ENCARGADO DE VALIDAR E PRESENTAR A SOLICITUDE.

OUTRA FORMA SERÍA CUBRIR E IMPRIMIR ESTE IMPRESO E TRAELO AO CENTRO (CON CITA PREVIA)

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet