*** FESTIVAL FIN DE CURSO 2021 ***

 

Despedimos este curso que comezamos con moitas incertezas, dificultades e momentos difíciles...

 

 

Aínda que Festival de Fin de Curso non celebramos, iso sí, entre tod@s bailamos e gravamos esta canción: "Jerusalema"; para demostrar que seguimos "en forma" e preparados para retomar pronto a nosa actividade e as nosas festas.

 

 

@s alumn@s de 6º de primaria rematan un ciclo, deixan moitos recordos no noso cole, moita alegría, risas e bos momentos. Dende o ano 2012 que chegaron ata hoxe, foi un pracer telos connosco, sempre vos recordaremos e botarémosvos de menos.

 

  

 

Despedimos este curso coa memoria final que reflicte o preparados que están estes rapaces para iniciar en setembro a súa etapa na ESO.

 

 

 

 

Ademais amosan unha grande humildade e respecto polo esforzo para acadar o éxito na súa vida...

 

 

Un pequeno repaso a estes marabillosos anos de aprendizaxes, amizades, vivencias e lembranzas que pasamos xuntos.

 

Noraboa rapaces!!!

Deixades no VOSO COLEXIO unha gran pegada... sodes poucos... pero sodes FANTÁSTICOS!!!

*** CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021 - XUNTA DE GALICIA

Campamentos de verán 2021

Ata o 28 de maio de 2021 está aberto o prazo para solicitar os Campamentos de Verán e os campos de Voluntariado.

Para máis información nesta páxina web:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/21210-campamentos-de-veran-2021

*** AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

Estimadas familias, informamos de que se publicou a Orde que regula o Fondo Solidario de Libros de Texto e axudas para material escolar.

Poden presentar a solicitude vía electrónica mediante a aplicación fondolibros (pulsa para acceder) ou de xeito presencial, presentando o impreso debidamente cumprimentado xunto coa documentación requerida. Os impresos poden pedilos no centro ou descargalos AQUí. O prazo de presentación remata o MARTES 22 DE XUÑO.

A renda a ter en conta é a do ano 2019

Documentación a presentar:

  • Anexos I e II debidamente cumprimentados
  • Fotocopia do Libro de familia onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar
  • Fotocopia do DNI (se se opón á consulta)
  • Declaración da renda do 2019 (se se opón á consulta)
  • Certificación de dicapacidade (se é o caso)
  • Percepción de pensión por incapacidades (se é o caso)
  • Sentencia xudicial de divorcio (se é o caso)
  • Volante de convivencia (se o solicitante carece de DNI e Libro de familia)
  • OUTROS: violencia de xénero, incapacitación, garda ou tutela da Xunta de Galicia...

1º e 2º de Primaria: Vale para libros de Texto e vale para material escolar

3º e 4º de Primaria: Fondo de libros de texto e vale para material escolar

5º e 6º de Primaria: Vale para material escolar. Nestes cursos non hai libros de texto por ser EDIXGAL

Máis información nas páxinas web:

 

*** LETRAS GALEGAS 2021

 

 

Achégase o 17 de maio, día grande das nosas Letras, e dende o CEIP San Roque de Corón queremos homenaxear a esta autora dando a coñecer un pouco máis a súa vida, obra e traballo en prol da nosa lingua. A súa mirada inconformista e comprometida, como poeta, mestra, editora, tradutora, dando voz no noso idioma a obras tan relevantes como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari…; sen esquecer a súa implicación cívica, participando nas mobilizacións contra a Guerra de Iraq e a catástrofe do Prestige..., convida a querer coñecer máis desta muller das nosas letras.

 

 

 

Para saber máis, visita a páxina web do Seminario Galán

 

 

 

 

 

*** SOLICITUDES DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Infórmase de que foron admitidas todas as solicitudes presentadas durante o período de admisión para Educación Infantil (4º, 5º e 6º) e para 1º de Educación Primaria.

As listas pódense consultar de forma:

  • Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

 

Comunicarase o prazo de apertura de formalización de matrícula e a documentación que deberá ser presentada cando se dispoña da información. 

*** PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Do  1 de MARZO ao  22 de MARZO 2021

 

  • DOCUMENTACIÓN

 

  • Prema AQUÍ para descargar o Anexo II: Formularios de Admisión
  • Os impresos tamén os poden recoller na conserxería do centro 

- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (Fotocopia do DNI ou do libro de familia)

- Certificado oficial do expediente académico do Centro de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2020/2021 (só alumnado procedente doutro centro). No caso de admisión en 4º de Infantil -3 anos- NON

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso. 

Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

 

  • FORMAS DE PRESENTAR AS SOLICITUDES
    1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:  ADMISIONALUMNADO


    2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Letra de desempate

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron W-S para o primeiro apelido e B-F para o segundo.

RESOLUCIÓN DE 25 DE FEBREIRO DE 2021, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE FAI PÚBLICO O RESULTADO DO SORTEO AO QUE FAI REFERENCIA O ARTIGO 29 DA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013.

 

  • NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2020-2021:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato

- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado.

 

  • ASPECTOS IMPORTANTES DA ORDE A TER EN CONTA:

Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De presentarse máis dunha solicitude ou se se comproba a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.

 O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

  • OFERTA DE VACANTES

 

CURSO

VACANTES

4º INFANTIL

22 + 3 NEAE

5º INFANTIL

6

6º INFANTIL

9

1º PRIMARIA

3 + 3 NEAE

2º PRIMARIA

11

3º PRIMARIA

4

4º PRIMARIA

6

5º PRIMARIA

0

6º PRIMARIA

1

 

Informamos de que  as listaxes non poden ser publicadas no taboleiro exterior do centro nin na web, xa que a Axencia Nacional de Protección de Datos así o indica, polo que soamente serán expostas no taboleiro interno do centro. De todos xeitos, seguiremos informando a través desta vía durante todo o proceso.

Día da paz no CEIP San Roque

Se queredes ver como celebramos o día da PAZ no noso colexio non te perdas o seguinte video:

 

 

 

 

***XUSTIFICANTE DE FALTAS DE ASISTENCIA

As faltas de asistencia a clase por parte do alumnado deben ser xustificadas pola nai/pai ou titores.

Prema AQUÍ para descargar o modelo de xustificación ou o poden pedir ás titoras ou en conserxería.

***RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO PARA O CURSO 2021-2022

O luns 11 de xaneiro comezou o prazo para reservar praza no Instituto no que o voso /a fillo/a cursará a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), segundo o establecido DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro) e ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro).

Información: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

 

A reserva de praza será para o IES Faro das Lúas, centro ao que o noso colexio está adscrito, e para iso deberá:

- Cumprimentar manualmente e firmar a solicitude de reserva (modelo: Anexo I ED550A e Anexo ED550A bis) e entregalo  a través dos propios alumnos no colexio antes do 8 de febreiro.

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberán contar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Enlace:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . Nese mesmo enlace poden atopar toda a información que precisen.

 

    Noutro instituto diferente, deberán entregar a solicitude de admisión (modelo: Anexo II ED550B) no centro onde desexe cursar estudos da ESO entre o 1 e o 20 de marzo, para o cal enviaremos a información necesaria antes do 1 de marzo.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

***FELICITACIÓN

 

Felices Festas e os mellores desexos para o próximo ano.

Powered by Drupal - Design by artinet