ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS NO SECTOR DE PAIS/NAIS  (PROCESO REMATADO)

 

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS:

 

Tralas votacións celebradas onte, día 29 informamos de que as candidaturas elixidas foron as 

seguintes:

 

  • Constantino José Dios Tilve.
  • José Manuel Resúa Cordal.

 

Polo tanto formarán parte do Consello escolar durante os vindeiros catro anos.

 

 

 

IMPORTANTE:

 

O VINDEIRO MARTES DÍA 29 DE NOVEMBRO SERÁ O DÍA PARA AS VOTACIÓNS DOS CANDIDATOS AO 

CONSELLO ESCOLAR:

 

Os candidatos son os seguintes:

 

  • Constantino José Dios Tilve
  • Ana Belén Pérez González
  • Jose Manuel Resúa Cordal

 

Poderedes votar no CEIP Plurilingüe de San Roque o martes en horario de mañá; de 13:30h a 14:45 e en horario de tarde entre as 16:30 e as 17:30

 

 

 

 

 

 

 CENSO ELECTORAL

 

O censo estará dispoñible neste anuncio (ver o arquivo adxunto ao final da publicación).

Tamén estará dispoñible no taboleiro do centro (está xunto o portal da entrada).

 

Por último, queda tamén aberto o prazo de presentación de candidaturas ata o día 18 de novembro.

Para presentarse candidato a formar parte do Consello escolar podedes escribir un mail ao correo do centro

ceip.sanroque@edu.xunta.gal  ou chamar ao 886151892, proporcionando en ambos casos o voso nome e apelidos e o voso desexo

de seren candidatos. 

 

 

 

 

Actualización: Constitución da Xunta electoral

 

Tralo sorteo público celebrado o venres, día 28 de outubro para designar aos membros da Xunta electoral que supervisará todo o proceso electoral, os resultados son os seguintes;

 

  • Titular representando aos mestres: sae o número 8 qu corresponde a M.ª Esther Gil Oubiña

  • Suplente representando aos mestres: sae o número 17 que corresponde a M.ª Jesús Rubio da Silva

  • Titular representan ás nais e pais: sae o número 225 que corresponde a Maeva Sineiro Somoza

  • Suplente representando ás nais e pais: sae o número 62 que corresponde a Teresa Fernández Castiñeira

  • Titular de administracións e servizos: sae o número 3 que corresponde a Juventino Padín Doval

  • Suplente de administración e servizos: sae o número 1 que corresonde a Fernanda de Acevedo Monteiro

 

 

Completa a mesa da Xunta electoral Manuel Alonso Villar, director do centro, en calidade de Presidente.

 

 

Como se recolle na resolución do 19 de setembro de 2022, neste curso teremos renovación de membros do Consello escolar e, polo tanto, neste primeiro momento cabe a designación dos membros da Xunta Electoral:

 

O vindeiro venres 28 de outubro, ás 14:00h celebrarase no centro un sorteo público para designar os membros da Xunta electoral, a cal terá as seguintes competencias:

 

  • Aprobar e publicar os censos electorais

  • Concretar o calendario electoral

  • Admitir e proclamar candidaturas

  • Promover a constitución das distintas mesas electorais

  • Resolver posibles reclamacións

  • Proclamar os candidatos elexidos e remitir as actas á Xefatura territorial.

 

Posteriormente iremos informando de cada paso do proceso (reunións da xunta, publicación do censo, candidaturas, día das votacións...)

AdxuntoTamaño
CENSO DE NAIS E PAIS156.04 KB

Powered by Drupal - Design by artinet