CONVOCATORIA AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE). CURSO 2022/2023

Do 19 de maio ao 30 de setembro de 2022, estará aberto o prazo para solicitar axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE), curso 2022/2023.

Destinatarios:

 

  • Alumnado TDAH con discapacidade, trastorno grave de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
  • Alumnado TEA.
  • Alumnado con discapacidade ou trastorno grave de conducta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe que presentan NEAE.
  • Altas Capacidades intelectuais.

Prazo: ata o 30 de setembro de 2022.

Para calquera consulta, podedes contactar co Departamento de Orientación

IMPORTANTE: As solicitudes terán que se cumprimentar mediante o formulario accesible por internet no enderezo:   https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional no enderezo: https://sede.educacion.gob.es/portada.html.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Convocatoria axudas alumnado NEAE 2022-2023.pdf150.33 KB
Resolución convocatoria NEAE curso 2022-2023.pdf217.66 KB

Powered by Drupal - Design by artinet