CAMPAMENTO da LANZADA 2022

Campamento da Lanzada 2022

Desde a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Vilanova de Arousa, INFORMAMOS  de que xa saiu convocado o campamento da Lanzada da Deputación para este ano 2022:

“DEPO AVENTURA A LANZADA 2022”

Poderán participar todos os menores nacidos entre os anos 2009 e 2014 (ambos os dous incluídos).

Haberá  desconto por familia numerosa e prazas gratuítas para familias con escasos recursos

A partires do martes 22 de febreiro de 2022 os interesados teñen 15 días hábiles para formalizala inscrición (ata o15/03/2022)

+ INFO: Na OMIX do concello situada provisionalmente na aula cemit (ó lado da ORAL), telf.: 986 55 48 45 e en omix@vilanovadearousa.gal

Powered by Drupal - Design by artinet