ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:

O pasado venres, día 5 de novembro constituíuse a Xunta electoral que levará a supervisión de todo o proceso de Renovación do Consello escolar. Tamén solicitouse ao Concello e a ANPA que designen aos seus representantes. Por último, temos publicado o censo de nais e pais dos alumnos matriculados no centro, o cal podedes consultar e reclamar ata o vindeiro luns, día 15 de novembro.

O censo estará dispoñible na web do centro, no ficheiro adxunto ao pé desta mensaxe.  

Tamén poderedes consultar o censo no taboleiro de anuncios do centro.

Aquelas nais e pais interesados en formar parte do Consello Escolar, podedes presentar a vosa candidatura dende hoxe ata o 16 de novembro. Podedes chamar ao 886151891 ou enviar un email ao correo ceip.sanroque@edu.xunta.gal e manifestar o voso interese en formar parte deste órgano.

O Consello precisa de dous membros novos para completar a representación dos pais e nais,de non haber candidatos, as nais e pais quedariades con menor representación nas decisións que se tomen neste importante órgano de participación.

AdxuntoTamaño
CENSO RESPONSABLES 2021.pdf173.44 KB

Powered by Drupal - Design by artinet