***CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Foi publicada no DOG nº 230 do 13 de novembro de 2020 a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria(...) en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación.

  • NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2020/2021 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento
  •  SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. (datos fiscais do ano 2018)
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65
  • O prazo de presentación das solicitudes (impreso máis documentación complementaria) será do día 16 de novembro ao 27 de novembro incluído.

    Pode descargar o impreso AQUÍ para a solicitude  ou ben recollelo no centro. 

Powered by Drupal - Design by artinet