FIN DE CURSO

Ola amiguiñ@s!

Acabo de ler o Faro da Escola, que se publica hoxe co Faro de Vigo, e teño que felicitarvos por seguir aprendendo e superándovos. E tamén ás vosas familias e profesores que fixeron un gran esforzo para adaptarse á nova situación. Eu xa sabía que vós podedes con todo... 

Vou gardar moi ben este Faro da Escola na miña biblioteca para recordar sempre que podemos sacar proveito de tódalas situacións, incluso das máis difíciles, e que os nenos e nenas sabedes moito diso. Bo traballo, colegas! E agora... a disfrutar das vacións que as tendes ben merecidas. Ata pronto!

A vosa Repoluga

Powered by Drupal - Design by artinet