AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

Estimadas familias, informamos de que se publicou a orde que regula o fondo solidario de libros e axudas para material escolar.

Poden presentar a solicitude vía electrónica mediante a aplicación fondolibros (pulsa para acceder) ou de xeito presencial, presentando o impreso debidamente cumprimentado xunto coa documentación requerida no día que se estipule (os que poidades ide cumprimentando as solicitudes e xuntando a documentación, comezaremos o próximo luns 25 de maio a recoller solicitudes aquí no centro).

 

Para obter máis información poden consultar a Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)

Aquí tendes os enlaces aos Anexos I e II para a solicitude (quen non poida imprimir, a partir do luns tendes aquí no centro os formularios de solicitude, se traedes o resto da documentación xa podedes presentar a solicitude):

Anexo I e II

 

E para finalizar, un resumo da documentación obrigatoria:

  • Anexos I e II debidamente cumprimentados
  • DNI/NIE
  • Declatación da renda do 2018 (se se opón á consulta)
  • Certificación de dicapacidade (se é o caso)
  • Percepción de pensión por incapacidades (se é o caso)
  • Sentencia xudicial de divorcio (se é o caso)
  • Libro de familia
  • Volante de convivencia (se o solicitante carece de DNI e Libro de familia)
  • OUTROS: violencia de xénero, incapacitación, garda ou tutela da Xunta de Galicia...
AdxuntoTamaño
23300466.pdf1.63 MB

Powered by Drupal - Design by artinet