Blogues

*** Celebración 8-M: Día Internacional da Muller

O alumnado de 2º de Primaria, para conmemorar o Día Internacional da Muller, fixo unha lectura compartida do libro "Cuando las niñas vuelan alto" para Infantil e 1º de Primaria que foi todo un éxito!!!!

  

RELIXIÓN

6º curso

SEMANA DO 7-13 DECEMBRO

Ola rapaces!!! enviovos enlace do corto que estamos a traballar esta semana, deixovos tamén,  o documento adxunto coas preguntas que debedes traballar. Boa semana!!

https://www.youtube.com/watch?v=jZx6F9oZcUA    El circo de la mariposa.

 

Relixión

  5º CURSO

SEMANA DO 7 -13 DECEMBRO

Bos días nenos!! Deixovos  o  enlace  para  ver o corto tal como falamos na clase, no documento adxunto queda o cuestionario que debedes completar para a próxima clase.Boa semana!!!

https://www.youtube.com/watch?v=jZx6F9oZcUA    El circo de la mariposa.

 

Relixión

SEMANA  5 /9 OUTUBRO

Ola nen@s, benvidos o novo curso 2020/21

 Como xa falamos na clase imos a seguir comunicándonos un pouquiño por ésta páxina polo que poida pasar ao longo do curso.

Imos a traballar tarefas moi sinxelas e intentaremos que divertidas , pois dado que temos pouco tempo na clase podemos aproveitar ésta plataforma para intentar pasalo ben o mesmo tempo que aprendemos .

Para Infantil, 1º e 2º Primaria. Uxía lambona e a banda molona

Ola rapazada, recordades o disco que escoitabamos en Música: Uxía lambona e a banda molona.

Recordades a canción do tractor? O tolo chimpín, que ben o pasabamos!!!!

Pois para os nostalxicos, déixovos un video deste disco que tan bos ratos nos fixo pasar.

 E se quedástedes con ganas, velaí vos vai un máis!!!


Enlace ao vídeo, pincha aquí

E que tedes que facer? Pois gravaros bailando e enviarme o resultado (esta tarefa non é obrigataria)

manoloxalueiro@gmail.com

 

INFANTIL, 1º e 2º PRIMARIA

 

 

 
Comenzamos presentándote el primer tema de nuestra banda, donde Catalina (Agente especialista gérmenes vacilones) nos explica lo importante que es lavarse las manos y cumplir las normas de seguridad durante los paseos de juegos.
 
 

 

VER LA CANCION "ECHA UN BUEN CHORRO DE JABÓN"

EDUCACIÓN INFANTIL. A MÚSICA NA ASAMBLEA

 

ASAMBLEA DENDE CASA

 
 È importante, ao  inicio de cada mañá, establecer unha serie de rutinas, que convertan en hábitos unha serie de actitudes, así como familiarizarse cunha serie de contidos. Con isto referímonos a: dicir bos días, ver que día é, de que mes, de que estación, de que ano, que día fai, de que seremos responsables hoxe, organizar o día, recordar normas...
Nesta entrada tedes algunhas cancións e ideas para facer unha pequena ASAMBLEA na casa.
 
CANTA A CANCIÓN DE BOS DÍAS!
EN QUE ESTACIÓN ESTAMOS?
 

CANCIÓN PARA EDUCACIÓN INFANTIL.

ESCOITA E CANTA A SEGUINTE CANCIÓN

EN QUE MES ESTAMOS?
 
 
 
 
 
E AGORA UNHA PREGUNTA MOI DIFÍCIL...DE QUE ANO?
 
 
BUSCAMOS O DÍA NO CALENDARIO
 
 
 
 
 
QUE DÍA DA SEMANA É HOXE?
 
 
 
 
E PARA REMATAR MIRA POLA FIESTRA PARA VER QUE TEMPO FAI HOXE.
 

3º E 4º PRIMARIA Instrumentos de percusión

Bos días nen@s, hoxe ímoslle dar voltas aos instrumentos de percusión galegos.Empezade pola presentación e logo tedes dous xogos interactivos para comprobar o aprendido.

PRESENTACIÓN

 

XOGO1 Ao aparecer a pantalla principal,premede na frecha da esquerda para escoitar a actividade.

 

XOGO 2  Consiste en atrapar as toupas que teñen instrumentos de percusión galegos.E clicade na zona de abaixo á dereita para por pantalla completa.

 

Calquera cousa ou práctica que me queirades mandar recórdovos o meu correo: manoloxalueiro@gmail.com

 

BOA FIN DE SEMANA

3º Primaria Aprendo notas

Bo día,  Como estades? Espero que esteades a gozar duns días de descanso, aínda que toque quedar na casa.

Aquí vos deixo un divertido xogo que ademáis serve para aprender a ler as notas. Practicade un pouquiño e cando esteades preparados, podedes mandarme a vosa puntuación (cunha foto) a seguinte dirección: manoloxalueiro@gmail.com

 

Aquí vos deixo o enlace ao xogo : Pincha aquí

Linguaxe musical para 1º e 2º de Primaria

Ola nenos e nenas, son Manolo. Supoño que este días estaredes moi aburridos, sei que tendes ganas de voltar a saír á rúa e vir ao cole, pero temos que ser fortes e aguantar un pouquiño máis que falta pouco. As vosas profes vos están mandando algunhas tarefas. Eu quixera compartir con vos un xogo co que podedes aprender moitas cousas de música. Só tedes que pinchar o enlace que está aquí debaixo e xogar.

 

XOGO MUSICAL Pincha aquí

 

Pasádeo moi ben, pasados uns días fareivos unhas preguntas e teredes outra tarefa musical. Unha aperta.

Powered by Drupal - Design by artinet