***FELICITACIÓN

 

Felices Festas e os mellores desexos para o próximo ano.

FESTIVAL DE NADAL

Queridas familias:

 

Este ano debido a pandemia causada pola COVID-19 non puidemos celebrar o noso festival de Nadal de xeito presencial, por iso, o Claustro de mestres do CEIP San Roque, decidimos crear uns videos coas cancións e panxoliñas que prepararon os nosos nenos e nenas.

 

 

 

 

Agardamos que vos guste moito!!!!

Moi pronto voltaremos á normalidade, ata entón seguiremos poñendo toda a nosa ilusión e cariño con traballos como este.

 

Para ver o video a pantalla completa, clicar na palabra Youtube.

 

 

 

*** PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO NA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

No taboleiro, na entrada do centro, están as listaxes provisionais do alumnado admitido para a distribución de máscaras. Contra estas listaxes poden presentar unha reclamación entre os días 3 e 4 de decembro de 2020 na secretaría do centro.

Todo o alumnado que obtivo o cheque de material está admitido para esta distribución de máscaras.

***CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Foi publicada no DOG nº 230 do 13 de novembro de 2020 a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria(...) en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación.

  • NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2020/2021 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento
  •  SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. (datos fiscais do ano 2018)
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65
  • O prazo de presentación das solicitudes (impreso máis documentación complementaria) será do día 16 de novembro ao 27 de novembro incluído.

    Pode descargar o impreso AQUÍ para a solicitude  ou ben recollelo no centro. 

Samaín

 

O Samaín no CEIP San Roque

Este ano o Samaín foi diferente, pero foi divertido, formativo e grazas a todas as familias tamén foi posible apreciar as cabazas feitas nas casa polas nenas e nenos do cole.

Con cada unha das fotos que trouxeron os nosos alumnos montouse un mural conmemorativo:

Queremos agradecer a ANPA os agasallos que prepararon para as nenas e nenos do cole, co que conseguiron que este día fose moito mais doce, foi un bonito agarimo. Grazas!!!

E grazas tamén a todas as familias que colaboraron coa elaboración das cabazas e enviándonos as fotografías.

Aquí tendes o terrorífico vídeo que mostra o bonito que quedou este mural:

 

 

Plan de acollida

O plan de acollida, ven a completar os documentos anteriores sobre o COVID19 resumindo aspectos básicos como HORARIOS, ENTRADAS E SAÍDAS, GARDAS...

 

Plan de acollida acceso

Plan de continxencia do CEIP San Roque

Estimadas familias, co fin de facilitar a consulta das medidas relacionadas coa adaptación ao COVID19, publicamos o Plan de continxencia, que ven sendo un extracto do Plan de adaptación que xa está dispoñible na web hai tempo.

 

Para consultar este documento premer no seguinte enlace:

https://1drv.ms/w/s!AvEOg8-tJbwWnWQ--oCNS9eJSORQ?e=eu2ZXF

 

Con este documento, se clarifican dúbidas con respecto a temas como Entradas/Saídas, horarios, recreos, quendas...

 

Saúdos

ENQUISA

Esta enquisa é para saber con que medios conta o noso alumnado,na casa, por se algún curso ten que estar en cuarentena. 

Deben clicar no curso correspondente e enviar 1 soa enquisa por neno ou nena. 

Plan de adaptación á situación COVID

Queridas familias, debido á situación COVID que estamos vivindo, é necesario recoller nun documento todos aqueles aspectos que se verán afectados e modificados, con respecto á organización e funcionamento do CEIP San Roque.

A maioría dos aspectos máis salientables, volos trasladamos  ao comezo do curso nas reunións das familias coas titoras, non obstante, queremos que teñades acceso a toda a información.

Queremos salientar que este documento pode estar sometido a futuros cambios, adaptándose á situación.

 

Saúdos, o equipo COVID

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet