4º Curso

Relixión

Bo día nen@s!

Supoño que xa estaredes cansos de tanto xogar cos vosos irmáns e país, asi que mentras non podemos voltar o cole , vouvos mandar unha serie de actividades e tarefas , que vos poden servir para entretervos e repasar mentras non podemos vernos.

Aquí vos deixo un enlace para escoitar un fragmento do conto do principito : 

https://www.youtube.com/watch?v=xMdrJknUCQA&t=497s

Tamén adxunto unha ficha para que plasmedes en 4 viñetas as partes máis importantes do conto , explicando o que pasa en cada viñeta.

Un saúdo!

Actividades de inglés

Facer as fichas (non fai falta copialas, só escribir o número da actividade e a solución) e practicar a canción nº 4 "The trapeze artists".

Podédesme enviar as solucións das fichas para correxir ao meu correo: mariajesussinas@gmail.com , se non sodes capaces entregádelas cando volvamos ao cole.

Se precisas repasar algo podes empregar o libro dixital accedendo á páxina "BlinkLearning" e rexistrándote como alumno co código de clase: CL76369366.

 

RECURSOS TIC

Ola a tod@s!

xa de volta das vacacións, este ano un pouco raras...pero agardando que todo siga ben. Hoxe, para seguir repasando o que levamos aprendido ata o de agora e sobre todo que non se nos esqueza, que é o máis importante, déixovos a continuación uns enlaces a webs educativas nas que poderedes atopar xogos divertidos para poñer en práctica todo o que sabedes, podedes elexir o voso favorito e á volta xogaremos tod@s xuntos na pizarra dixital; veña... xa tés o teu?

 

MUNDO PRIMARIA

CRISTIC

VEDOQUE

TABLAS DE MULTIPLICAR

EDUCANAVE

STORYBIRDS (para crear as vosas propias historias en formato dixital e con divertidas ilustracións...é moi sinxelo!)

 

Un saúdo, 

A profe Inma.

 

 

 

ENQUISA 4º

ENLACE ENQUISA (fai click aquí)

TOCA REPASAR UN POUQUIÑO...

Ola a tod@s!

hoxe tocará repasar un pouquiño, aínda que xa sei que estades a traballar moito...e tamén xogar...graciñas a tod@s polas vosas mensaxes, fixéronme moita ilusión!

Déixovos aquí un enlace no que poderedes encontrar un cuaderno con un montón de actividades para que elixades e fagades sen présas, e un pouquiño cada día. 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE REPASO

Aquí atoparedes un enlace para descargar un cuaderno de 4º de E.P, con diferentes actividades de Lingua e Mate, veña...a facer cada día un pouquiño de cada materia.

Un saúdo, 

A profe Inma

SABEDES QUE DÍA É HOXE?

Ola rapaces!

sabedes que día é hoxe?, pois sí,...acertáchedes é 2 de abril, "Día mundial da concienciación sobre o autismo", para dar a coñecer a realidade destas persoas. Este ano toca celebralo dende as nosas casas, así que vos propoño unha actividade que sei que vos vai a gustar moito. 

Consiste en que fagades un "molinillo" de vento de cor azul, e o poñades nas ventás das vosas casas, a xente que o vexa, investigará e saberá que estamos a celebrar hoxe, que vos parece?, veña a traballar xa!, se non tendes cartolina desa cor, podedes pintar un folio e listo!.

A continuación ddéixovos un enlace, para que vexades como tendes que facer,

COMO FACER UN "MOLINILLO" DE VENTO

Un saudo, 

A profe Inma

E HOXE...QUE FACEMOS?

Ola a tod@S!

como van esas tarefas que vos propuxen para facer nestes días?, espero que ben...e para hoxe, propóñovos unha actividade de "ARTS & CRAFTS" que sei que vos gusta moito, así que veña!, só necesitaredes: papel, un lapis, cores e as vosas mans!

Premede no seguinte enlace e así veredes como se fai, espero que vos guste.

HOXE DEBUXAMOS ANIMAIS 

Un saúdo

A profe Inma

RECOMENDACIÓNS E PROPOSTAS DE TRABALLO.

Pois aquí van unhas propostas de traballo para estes días:

  • Repasa e non esquezas as táboas de multiplicar, busca trucos para recordalas e ponos en práctica.
  • Fai cálculo mental e xoga a inventar problemas e resólveos, lembras?: DATOS RESOLUCIÓN E SOLUCIÓN!!
  • Le moito e fai unha lista de palabras novas coas que te vas atopando.
  • Podes tamén escribir un diario de todos estes días, o que fas, como te sintes, qué o que che está a resultar máis difícil...cando no xuntemos de novo podemos facer unha posta en común!
  • Fai unha lista de cousas que farás cando todo esto pase, incluso podes facer un debuxo de como será ese momento!
  • Axuda nas tarefas do fogar: facer a cama, poñer a mesa, elabora unha receta de cociña sinxela...
  • E finalmente,  tamén podes viaxar...lembrades cando íamos de Corón a Helsinki?...pois iso, utilizade o GoogleEarth para ir aos lugares que vos interesen e buscade información, poñede o bonequiño e a facer kilómetros!

Pois iso e todo por hoxe, 

Un saudiño, a profe Inma.

TODO SAIRÁ BEN!

Ola a tod@s!

O primeiro de todo é saudarvos e agardar que esteades ben. Estamos a vivir unha situación descoñecida que está a supor un cambio repentino nas nosas vidas e que evidentemente pode xerar inquedanzas e incertidumbre, por iso, é moi importante acompañarnos, coidarnos moito e sobre todo QUEDAR NA CASA!

Estes días a confianza e a calma serán as nosas grandes aliadas.

Dende o cole intentaremos manter o contacto con vós a través de distintas canles telemáticas: a web do centro e AbalarMóbil, por iso é moi importante que esteades pendientes da información que vos imos deixando e que teñades activada a aplicación.

A continuación déixovos un enlace, onde poderedes accedar aos vosos libros de texto "on line", ireivos deixando propostas de actividades e iremos avanzando pouco a pouco nas distintas materias, pero non vos preocupedes, serán sinxelas e como sempre digo eu: "levaranvos moi pouquiño tempo..."

É moi sinxelo simplemente tendes que acceder á seguinte páxina web e introducir o código de licencia e contrasinal que aparecen a continuación:

aulavirtual.santillana.es

LICENCIA: 99999980-18104-0001

CONTRASINAL: wH2pJmNx

Teredes novas miñas prontiño,

                      Un saúdo,

                           A profe Inma

 

Actividades de inglés

Facer as fichas (non fai falta copialas só escribir á solución) e practicar a canción e o chant da unidade 5 "My day".

Powered by Drupal - Design by artinet