3º Curso

24/04/2020

Bo día a tod@s!

Estou recibindo os vosos traballos e correos. Noraboa chic@s! Estades traballando xenial!
Mándovos unha proposta de tarefa  para rematar a semana. Desta semana só hai que reenviarme dous traballos: a carta e o conto. Para que corrixades o demais enviarei solucionarios a vindeira semana. Os que aínda non o fixéchedes enviádeme foto facendo algunha tarefa.
Ánimo! O domingo xa poderedes saír un pouquiño! Disfrutádeo moito! Que envexa me dades! Xa me contaredes...

23/04/2020

Dibujos día del Libro 08Bo día a tod@s!:

Hoxe celebramos o día do libro e imos facer outra actividade que quero que me reenviedes. Xa sabedes que si vos vén mellor podedes facela na libreta, sacades foto e enviádesma. Visitade nesta web "Biblioteca Blog Repoluga", tendes recursos chulísimos! 
Feliz día dos amigos que nunca nos deixan sós! 

22/04/2020

Día de la Tierra | México haz algoBo día a tod@s!

Hoxe é un día especial adicado á Terra, a nosa casa, a que nos dá a vida. Para algúns pobos a Terra é unha deusa á que chaman Pachamama, que quere dicir Nai Terra. 

Propóñovos un traballo para celebrar este día e, como en todas as celebracións, non pode faltar a música!  Aquí a tés:  https://www.youtube.com/watch?v=xt_YczmWqHc

Aproveitemos todo o que nos ofrece este día!

 

21/04/2020

Bo día a tod@s!

Hoxe temos unha tarefa moi sinxela, xa sabes que tamén tes que ler!
Que pasedes moi bo día!

Relixión

Bo día nen@s!

Supoño que xa estaredes cansos de tanto xogar cos vosos irmáns e país, asi que mentras non podemos voltar o cole , vouvos mandar unha serie de actividades e tarefas , que vos poden servir para entretervos e repasar mentras non podemos vernos.

Aquí vos deixo un corto para que vos fixedes no importante que é traballar en cooperación : 

https://www.youtube.com/watch?v=NaMpxR_RQSY

Adxunto tamén unha ficha práctica.

Un saúdo!

20/04/2020

Bo día a tod@s:

Estamos na semana do libro, así que o reto é buscar un libro que vos guste e ler tódolos días en voz alta. Logo podedes comentalo coa familia. Tamén vos deixo unha recomendación de tarefa para ir facendo, sin agobiarvos!. Podedes facela na libreta (neste caso non hai que copiar enunciados, poñedes o título da tarefa, a data, o número de cada exercicio e ides contestando o que vos pregunta, como fixen eu na solución do traballo do 15-04 que vos envío) tamén podedes fotocopialo ou facelo no ordenador/táblet.
Si tendes algunha dúbida, aquí estou... na casa!
Ánimo! Empecemos a semana cun sorriso!

17/04/2020

Bo día a tod@s!

Hoxe tócanos repasar lingua castelá e matemáticas. Tamén che propoño un reto para que te entreteñas aprendendo na fin de semana. Si o consigues gustaríame que me enviaras unha foto que mo demostre e, por suposto, na que esteas ti.
Si tendes dificultade para acceder á páxina que vos propoño  dicídemo e envíovos unha plantilla. E si tendes calquera pregunta, dúbida ou o que sexa non dudedes en comentarma. 
Que teñades unha boa fin de semana!

Actividades de inglés

Facer as fichas (non fai falta copialas, só escribir o número da actividade e a solución) e practicar a canción nº 4 "I am a great explorer".

Podédesme enviar as solucións das fichas para correxir ao meu correo: mariajesussinas@gmail.com , se non sodes capaces entregádelas cando volvamos ao cole.

Se precisas repasar algo podes empregar o libro dixital accedendo á páxina "BlinkLearning" e rexistrándote como alumno co código de clase: CL74145699.

16/04/2020

Ola a tod@s!

Seguimos repasando para afianzar ben o que xa temos aprendido e ter unha boa base para seguir avanzando. É interesante que teñas un horario e o sigas para aproveitar ben o tempo. 

Déixoche unha proposta de actividades para hoxe, por si non as recibiches por correo electrónico ou che é máis cómodo acceder aquí. Se aínda non me enviaches un correo de contacto faino canto antes para que poidamos comunicarnos mellor.

Ánimo!

Unha aperta de Berta.

15/04/2020

Ola a tod@s!

Espero que esteades ben e que sigades animados e alegres. Quero lembrarvos que é moi importante que manteñades uns hábitos axeitados e unhas rutinas a diario. Lembrades que a educación nos ten que preparar para a vida? Pois agora tócanos vivir de maneira distinta e temos que demostrar que estamos preparados, e seguir aprendendo! 

Así que cada día, sin agobiarte, debes seguir aprendendo facendo algunhas destas tarefas:

Le en voz alta: contos, noticias, poemas, revistas, receitas...

Escribe: un diario, unha noticia (real ou fantástica), un conto, un poemas...

Repasa as horas, o valor de moedas e billetes, a táboa...

Fai un pouco de cálculo e resolve problemas da vida diaria.

Fai as actividades de repaso do arquivo adxunto, se tes dúbidas podes consultar os libros online, ou consultarme a min no correo electrónico:

colecorontercero@gmail.com

Bótovos de menos e desexo que nos vexamos pronto. Ánimo que xa queda menos!

Unha aperta de Berta.

 

Powered by Drupal - Design by artinet