X.H. RIVADULLA CORCÓN

O pasado luns 22 de abril co motivo da celebración do "Día do Libro" (23 abril) visitou o noso centro Rivadulla Corcón.

Neste enlace podemos ver un pequeno video realizado polo xornal "La Voz de Galicia"

http://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/2013/04/22/ninos-colegio-coron-disfrutan-cuento-xh-rivadulla-corcon/00311366628181023912433.htm

Neste enlace o blog da Biblioteca podemos ver unha escolma de fotos dese día

http://repoluga.blogspot.com.es/

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2014-2015

05/03/2014
30/09/2014
Europe/Madrid

As solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2014-2015 entregaranse na Secretaría do centro entre os días 1 e 20 do mes de marzo. Publicouse no DOG do 15/03/2013, a orde que desenvolve o Decreto de Admisión 254/2012, do 13 de decembro, que regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria. de ESO e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006 de educación (Orde do 12 de marzo de 2013)

 

 

1. Enlace para descargar impreso Anexo II

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/anexo_1_g.pdf

 

 

 2. Xunto coa solicitude de admisión, deberá, entregar a seguinte documentación:

 

  • Certificado de padrón.
  • DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia.
  • Se é o caso, solicitude de transporte escolar.
  • Se é o caso, certificación de custodia ou copia da sentenza ou convenio regulador.
  • Se é o caso,acreditación de situación de violencia de xénero.
  • Se é o caso, certificación de discapacidade no alumno/a, ou no seu pai, nai ou titor/a legal ou nalgún irmán.
  • Se é o caso, acreditación de condición de familia numerosa ou monoparental.
  • Se é o caso, certificación laboral da empresa do pai e da nai ou titores legais.

3. Cada solicitante só poderá entregar unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar.

4. O alumnado con necesidades educativas específicas, achegará a documentación que acredite esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación ou de trastornos graves de conduta.

5. O solicitante poderá demandar que se teña en conta o domicilio familiar ou lugar de traballo, neste caso, xunto coa solicitude de admisión, deberá achegar unha certificación de empresa.

6. A cantidade que debe figurar na casiña Renda anual per cápita da unidade familiar ( folla 2 do Anexo II), será a suma das que figuran nas casiñas 455 e 465 da declaración do IRPF do exercicio 2012.

7. A táboa de valoracións figura na folla 4 e seguinte do Anexo II.

8. O alumnado procedente doutro centro debe remitir copia da súa solicitude ao centro de orixe.

8. O servizo de comedor deste centro depende da ANPA. Tramitarase directamente con esta asociación.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

 

 ZONAS DE INFLUENCIA

 

 

CENTRO EDUCATIVO

ETAPA EDUCATIVA

ZONA DE INFLUENCIA (Parroquias)

CEIP SAN ROQUE 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFANTIL/PRIMARIA 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANDRÁS  e  CALEIRO, agás os lugares Pantrigueira e O Terrón

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.  Considéranse zonas limítrofes da zona de influencia de cada centro educativo, as zonas de influencia dos demais centros do concello que impartan a mesma etapa educativa. 

 

2. Outras zonas: os outros concellos.

 

 3 anos.- CuestionarioFamilias

 

Os impresos poden recollelos na Secretaría do centro de luns a venres, de 13:00 a 14 horas.

 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL 

  

6º EDUCACIÓN INFANTIL

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 1º CURSO

FINA CASALDERREY

Se queres ver as fotos da visita de Fina Casalderrey fai clic neste enlace

http://repoluga.blogspot.com.es/

ENTROIDO 2013

O pasado venres 8 de febreiro celebramos "O ENTROIDO" .

Coma outros anos desfilamos ata a Casa da Cultura onde os diferentes cursos bailaron a canción que tiñan escollida. Algúns nenos e nenas cantaron as coplas que escribiron para esta ocasión. Regresamos ó centro onde nos esperaban unhas mesas cheas de doces típicos destas datas.

Gracias a todos.

30 DE XANEIRO - DÍA DA PAZ

O pasado mércores 30 de xaneiro celebramos no noso cole "O día da Paz". Uns días antes xa falamos nas clases de que representa a celebración dese día.        Na aula de música diferentes nenos e nenas dos distintos cursos leron os contos:  "Xaime e as landras" e " A pombiña Dona Paz".                                    Os alumnos e alumnas de 4º de primaria nos falaron sobre o que opinaban sobre unhas fotografías (diferentes situacións: traballo infantil, illamento dalgúns nenos, falta de medios...) que foron traballadas por todos intentando buscar solucións.                                                                                                Ó final cantamos a canción "Adelante".



 

FESTIVAL DE NADAL 2012

O venres 21 de decembro celebrouse no pavillón o Festival de Nadal.

Os nenos e nenas de cada curso cantaron panxoliñas, os Reis Magos viñeron a recoller as cartas e Papá Noel trouxo un regalo a cada nena e a cada neno. Visitounos un pallaso que fixo pasar un bo momento a todos e sobre todo o profe Manolo que se convertiu no seu axudante. No descanso houbo bocadillos, rosca e bebida.

Foi unha boa despedida do 3º trimestre.


PANXOLIÑAS NA RESIDENCIA VALLE-INCLÁN

Como xa fai algúns anos o noso cole desprázase, no Nadal, á residencia de mallores "Valle-Inclán" para facer un pequeniño recital de panxoliñas.

MAGOSTO

O pasado martes 13 celebramos o Magosto. O tempo foi marabilloso, nos xogos divirtímonos moito e as castañas estaban ricas. 

 

 

 

MAGOSTO

Mañá  MARTES 13 DE NOVEMBRO celebraremos no noso centro o

 

“MAGOSTO” .

As alumnas e alumnos participarán en xogos populares como: a corda, a chave, carreiras de sacos,…

E os alumnos de 6º asarán unhas castañas para o disfrute de todos.

Parece ser que o tempo nos vai acompañar.

Samaín

A semana pasada celebramos no noso cole o Samaín. 

As nenas e nenos trouxeron cabazas  adornadas. Foron moitas e moi ben traballadas, por iso foi moi difícil decidir cales eran merecedoras de premio. 

Dende o centro agradecemos a vosa colaboración.


 

Powered by Drupal - Design by artinet