3º Curso

BAILE FIN DE CURSO

Veña Rapaces!!!!!!!

 

Non vos esquezades do Festival Virtual de Fin de Curso!!!

 

Vari@s compañeir@s xa mandaron os seus vídeos!!!!

 

Agardo os vosos vídeos, individuais, en parella, en familia, na casa, na horta, na praia,... con quen queirades e onde queirades!!!!

 

Un saúdo

Actividades de inglés

Facer as fichas e practicar a canción nº 6 "My super sister".

Ademáis tamén vos mando un conto ó que podedes acceder a través do enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=MuDgGEp5sR8

26/05/2020

                                                                         Bo día a tod@s!

Déixovos unha nova entrega dos Coronadiario que resumen o traballo semanal que viñemos facendo no que levamos do mes de maio.

Teño que felicitarvos porque nos periódicos reflexades a ilusión coa que traballades para superarvos cada día, e como debe ser, cun sorriso.

Ánimo! Podemos con todo!

25/05/2020

Baamboozle - Patriff16Bo día a tod@s!

Esta semana imos estudar os animais. Vas repasar o que sabes e aprender un pouco  máis deles. Le con atención e intenta facer a tarefa solo. O único novo que tes que facer é comprender o que les e buscar información. Si xa remataches a tarefa da semana pasada corríxea.
Xa podemos sair máis, sempre seguindo as precacucións, así que organízate e...
disfruta moito desta semana!

Movéndonos sen parar 3

Bo día rapaces!!!!!

Cambio de Fase en Galicia e nós cambio de tarefas....

aqui vos deixo o enlace para que sigades practicando e divertíndovos coa actividade física

 

 https://view.genial.ly/5eb5d8607199c50d8c4168c4/presentation-sanroqueef-sesion3

 

Lembrade que debedes enviar as fotos ou imaxes ao correo do departamento: sanroqueef@gmail.com

Non vos esquezades sobre todo de enviar o antes posible o que pon de "Fin de curso"

Un saúdo

22/05/2020

Ola a tod@s!

Déixovos os primeiros números do Coronadiario (Corón a diario), o noso periódico de 3º, onde imos recollendo semanalmente as actividades que estamos a facer neste trimestre de Escola na casa. 

Noraboa! Estádelo facendo moi ben!

Relixión

SEMANA DO 18-22 DE MAIO

3º PRIMARIA:

Ola rapaces!! Esta semana toca o calendario litúrxico, a ver si lembrades!!

Adxunto  repaso dos tempos litúrxicos.

Actividades de inglés

Facer as fichas e practicar a canción nº 8 "The seasons".

Ademáis tamén vos mando un conto ó que podedes acceder a través do enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=JOYXQn4-QTI

18/05/2020

Boceto de tecnologia | Dibujos kawaii, Pegatinas kawaii, KawaiiBo día a tod@s!

Empezamos unha nova semana que imos adicar ás tecnoloxías, esas ferramentas que tanto nos están axudando na situación que estamos a vivir.

Organiza a túa tarefa e lembra que o importante non é facer moito, é facelo ben.

Lembra tamén facer actividades de E. Física, Música, PROA, Biblioteca... E, por suposto, le tódolos días!

Si superaches os retos da semana pasada envíame foto.

Ánimo! Empeza a semana cun sorriso!

15/05/2020

Bo día a tod@s!

Déixovos o solucionario para que corrixades a tarefa da semana pasada. Ah! e unha misión secreta para que vos animedes a facela. É secreta! Nin unha palabra a ninguén!
Lembrade que na Biblioteca Proxectos tendes actividades interesantes das Letras Galegas
Disfrutade moito da fin de semana!
 
NOTA: O vindeiro martes poderedes recoller os libros no Cole entre 10 e 12 h.

Powered by Drupal - Design by artinet