Complementarias
Samaín
A semana pasada celebramos no noso cole o Samaín.
As nenas e nenos trouxeron cabazas adornadas. Foron moitas e moi ben traballadas, por iso foi moi difícil decidir cales eran merecedoras de premio.
Dende o centro agradecemos a vosa colaboración.
INSTRUMENTOS
Hoxe visitou o noso cole un mestre da Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra. Mostrounos como se tocaban distintos instrumentos de percusión como a pandereta, as cunchas de vieira, as culleres... e tamén distintas frautas ata chegar á gaita e a gaita electrónica. Uns nenos e nenas do cole tocaron unha pequena peza.
PROGRAMA PROA
PROGRAMA PROA
Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6ºcursos de Educación Primaria.
É unha acción dirixida ao alumnado que presenta dificultades relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, pobre integración no grupo e no centro, aprendizaxe deficiente das áreas instrumentais e que por diversos motivos non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia; aínda que exista a vontade de facilitar esta axuda.
Pretende reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudio e propoñer formas de traballo eficaces.
Lévase a cabo polas tardes, os luns e mércores para o alumnado de 3º e 4º cursos e os martes e xoves para 5º e 6º, de 16:30 a 18:30 horas.
DÍA DA PAZ 2011
O DÍA DA PAZ NO CEIP SAN ROQUE DE CORÓN REALIZAMOS DIFERENTES ACTIVIDADES:
FIXEMOS O SÍMBOLO DA PAZ COAS FOTOS DE TÓDOLOS/AS ALUMNOS/AS E MESTRES/AS DO CENTRO.
DESPOIS NA AULA DE MÚSICA UN GRUPO DE ALUMNO/AS LEU A TÓDOLOS DEMAIS A HISTORIA DE WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ, O ACABAR DE LER A HISTORIA OS/AS ALUMNOS/AS FIXERON DISTINTAS PETICIÓNS PEDINDO A PAZ, ATA OS DE 4º CURSO FIXERON UN RAP EN FAVOR DA PAZ. DESPOIS DAS PETICIÓNS VISIONAMOS UN VIDEO, REALIZADO POLA PROFESORA DE PT ESTER, PARA DARNOS CONTA DO IMPORTANTE QUE É A PAZ, O VIDEO ESTIVO MOI BEN E O REMATAR RECIBIU UNHA GRAN OVACIÓN TANTO DOS /AS ALUMNO/AS COMA DOS/AS MESTRES/AS.
ESTAS ACTIVIDADES FORON NO INTERIOR DA ESCOLA, DESPOIS SAÍMOS Ó PATIO E, AGARRADOS/AS TODOS/AS DAS MANS FIXEMOS DOUS CÍRCULOS CONCÉNTRICOS E CANTAMOS A CANCIÓN DE MACACO "MENSAJES DEL AGUA".
PARA FINALIZAR, Ó ACABAR DE CANTAR A CANCIÓN, OS/AS ALUMNO/AS DE 6º CURSO, COMA SEMPRE, BOTARON A VOAR UNHA PALOMA, QUE CHEGOU RAPIDAMENTE ATA O TELLADO DO COLEXIO. (Preme na imaxe para ver máis fotos).
O NADAL EN CORÓN 2010
EN CORÓN NO NADAL TEMOS A VISITA DE PAPÁ NOEL, DOS REIS MAGOS, E NESTA OCASIÓN VEUNOS A VISITAR TAMÉN UN MAGO, QUE NON ERA REI PERO LEVANTOU O ASOMBRO DE TÓDOLOS/AS ALUMNO/AS E MESTRES/AS DO COLEXIO COS SEUS TRUCOS INEXPLICABLES. ADEMÁIS TAMÉN TIVEMOS, COMO É DE COSTUME O FESTIVAL DE NADAL, COAS CORRESPONDENTES ACTUACIÓNS DE TÓDALAS CLASES DO CENTRO, CUNHA MOI BOA OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POLOS/AS ALUMNOS/AS DE 6º CURSO. DESPOIS TAMÉN DISFRUTARON DOS HINCHABLES, COMO NON, DO CHOCOLATE, DOS FLOCOS... FEITOS POLA SEMPRE GRANDE COLOBORACIÓN DOS PAIS E NAIS DOS/AS ALUMNOS/AS DO CENTRO. Premer para ver máis fotos.
O MAGOSTO DE CORÓN
CHEGOU O TEMPO DE FACER O MAGOSTO E NO COLE NON FALTARON AS CASTAÑAS ASADAS POLOS ALUMN@S DE 6º , OS XOGOS POPULARES E ATA UNHA "GAITEIRADA" |
SAMAÍN
A FESTA DO SAMAÍN CHEGOU A CORÓN E O CENTRO ENCHEUSE DE BRUXAS, GATOS NEGROS ... E CENTOS DE CABAZAS TERRORÍFICAS. PULSA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.
CADA ANO É MÁIS DIFICIL ELEXIR AS MELLORES PERO AS PREMIADAS FORON...
1º DE PRIMARIA |
2º DE PRIMARIA |
|
3º DE PRIMARIA |
4º DE PRIMARIA |
|
5º DE PRIMARIA |
|
6º DE PRIMARIA |
|
LETRAS GALEGAS 2010
Este ano as Letras Galegas están adicadas ao poeta do Courel:
UXÍO NOVONEYRA
Os nenos e nenas do cole traballamos algunhas poesías e algún conto escritos por este poeta e fixemos algúns traballos como estes:
MAIOS
Continuando coa tradición, este ano durante a mañá do venres estivemos elaborando os maios.
O alumnado de E. Infantil e 1º e 2º de primaria fixeron unha bolboreta e os máis maiores, un maio artístico que representa a un pelegrín que está a facer o camiño de Santiago.
Elaboráronse cas flores que trouxeron os nenos e nenas e tamén teñiron sal para algún adorno.
BOLBORETA REALIZADA POLO ALUMNADO DE INFANTIL, 1º E 2º CURSOS
PELEGRÍN REALIZADO POLAS PROFESORAS E ALUMNADO DO 2º E 3º CICLO