PUNTO LARANXA

A Consellería vén de publicar o “Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar” así como a actualización do “Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. En relación con isto, da instruccións aos centro educativos para a creación e posta en funcionamento do PUNTO LARANXA tanto físico como virtual.

O punto laranxa é  unha medida impulsada pola Xunta de Galicia para intentar erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar facilitando así o destape dos acosos.

-       Respecto ao punto laranxa físico do noso centro, estará situado no patio cuberto a carón da porta da biblioteca no lado dereito. Aquí podedes de xeito anónimo meter unha mensaxe no buzón indicando a túa preocupación. Só poderá abrilo a persoa encargada desta tarefa e terá un carácter estrictamente confidencial.

-        O punto laranxa virtual está nesta páxina web do centro, nun acceso directo no lateral dereito. Ao premer nel, abrirá un pequeno cadro de texto no que podes de xeito anónimo indicar a túa preocupación. Ao igual que o punto físico só poderá ser lido pola persoa encargada e terá igualmente un carácter confidencial.

pA   Para calquer dúbida, podedes poñervos en contacto coa dirección do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet