RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

INSTRUCCIÓN FAMILIAS

Prazos de presentación de solicitudes (reserva e ordinaria de admisión)

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado(http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) e o prazo de presentación abranguerá:

a) Solicitudes de reserva(ED550A:) do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de  2024.(para o alumnado de 6º de EP    que desexe reservar praza no CPI San Sadurniño).

b) Solicitudes ordinarias de admisión(ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2024

As familias que desexen complementar o anexo I e entregalo no centro, deberán solicitar cita previa para a súa entrega e deberá vir asinado por ambos proxenitores ou presentar o anexo I bis de consentimento.

No caso de cumprimentar a reserva de praza a través da aplicación "admisionalumnado" e formalizar a mesma na Sede Eletrónica con certificado dixital ou Chave 365, non será preciso entregar a solicitude na secretaría do centro, quen poderá recuperala na propia Sede Electrónica.( (https:/ /sede.xunta.gal/portada))

ANEXO I Reserva de praza

ANEXO BIS

Powered by Drupal - Design by artinet