Skip to Content

Novas

SEMANA DA CIENCIA Funcionamento pulmóns

CASTAÑÓN

Para o Magosto o EDLG , xunto coa biblioteca, propuxo que cada curso elaborase un castañón disfrazado dun personaxe de conto. Ademais, tiña que ir acompañado dunha estrofa de 2 versos.

 

MAGOSTO 2018

SERES MITOLÓXICOS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo para o Samaín o estudo da Mitoloxía Galega. Cada curso escolleu un ser mitolóxico para investigar sobre el. A maioría dos cursos realizaron unha actividade plástica para colocar no bosque da entrada e tamén fixeron representacións. Entre os seres elixidos están: O Apalpador, a Feiticeira, Pedro Chosco, a Moura, o Trasno, a Santa Compaña, etc.

 

SAMAÍN DO COMERCIO

 

    O Concello organizou unha actividade  pola celebración do Samaín  na que participaron os grupos de terceiro do Centro. Consistiu nun obradoiro  no que elaboraron disfraces de esqueletos e un estandarte. Ademais explicáronlle aos rapaces/as en que consiste a festa do Samaín e cales son as súas orixes e tradicións.

    Despois, recorreron os establecementos comerciais participantes da rúa Barcelona, dos que recibiron castañas e algunha que outra “chuche”.

 

 

    O 31 deste mes haberá un desfile chamado Procesión da Santa Compaña, a partires das 17:30 onde participarán todos os grupos. Para finalizar cunha gran festa do Samaín, que  terá lugar ao finalizar dita procesión, na Praza de María Pita, onde se entregarán 3 premios de 1.500€ cada un aos mellores grupos.

 

 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Cada 26 de setembro, dende o ano 2001, celébrase o Día Europeo das Linguas, por iniciativa do Consello de Europa. O obxectivo desta celebración é  promover  a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa e a aprendizaxe de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos.

 

O CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma sumouse á súa celebración elaborando un mural, no que colaboraron todos os grupos. O alumnado de infantil e cursos inferiores de primaria debuxaron nenos e nenas. Os cursos superiores pintaron o mural e buscaron a palabra <OLA> en moitas linguas europeas ás que acompañaron coa súa bandeira. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut