Skip to Content

blogue deprofe

14 DE XUÑO: DÍA DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

Hoxe, día 14 de xuño, celebramos o Día das Linguas de Signos Españolas.

 

Esta data escóllese porque conmemora o aniversario da creación da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) no ano 1936.

 

Dende o ano 2007, no que se promulgou a Lei 27/ 2007 de 23 de outubro, recoñécese que no noso país hai dúas linguas de signos oficiais: a LSE (Lingua de Signos Española) e a LSC (Lingua de Signos Catalana).

 

O lema proposto para celebrar este ano é “E TI POR QUÉ SIGNAS?”

 

No cole festexamos esta data e desenvolvemos diversas actividades.

 

 

Polo Camiño que fixemos tantas veces, incluímos verbos relativos ao que fixemos ao camiñar: aprender, compartir...

 

 

 

 

 

Nesta sopa de letras, buscamos o lema deste ano.

 

 

Esta é unha pequena escolma de material da nosa Biblioteca relacionado coa LSE.

 

 

E, aproveitando esta data, o alumnado de 3º A de Primaria, preséntase:

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=Q1lDbQaplxk

Coruña 30

ARRIBA !

SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

DÍA DO LIBRO

DÍA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA - SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

A EDUCACIÓN FÍSICA GUÍA O CAMIÑO.

O día da Educación Física na Rúa do CEIP San Pedro de Visma fíxose eco na prensa local da Opinión de A Coruña.

Celebramos este evento durante dous días realizando rutas de sendeirismo que ampliaban os circuitos do noso camiño de Santiago do proxecto "Sementa Camiño". As rutas realizáronse polo parque dos mariñeiros, parque Adolfo Suárez e o barrio de San Pedro de Visma. Todo unha experiencia positiva na que puxo ainda máis en valor a Educación Física na formación do alumnado no día a día.

 

PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOVA DA OPINION DE A CORUÑA

 

RUTAS SENDEIRISMO SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR PRIMARIA

 Ruta creada polo alumnado de 6º de primaria en Educación Física

 

SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR INFANTIL

 Ruta creada polo alumnado de 6º de primaria en Educación Física 

DÍA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA (cartelería)

CARTELERÍA DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 

RUTA SENDEIRISMO EDCUACIÓN INFANTIL

RUTA SENDEIRISMO EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

Audicións do terceiro trimestre

Aquí tedes as audicións que estamos a facer no terceiro trimestre cos cursos de terceiro a sexto.

ESTUDO MERENDAS SAUDABLES E SOSTIBLES. EXPLICACIÓN TABOAS

ESTUDO MERENDAS SAUDABLES E SOSTIBLES. EXPLICACIÓN TABOAS

Neste 3º Trimestre queremos mellorar a nosa vida saudable. Para elo imos facer un estudio no que se busca ter mellores hábitos saudables e sostibles nas nosas merendas durante os recreos.

Cada dia curbiremos 2 taboas, unha de merendas saudables e outra de merendas sostibles:

- Merendas saudables: marcar cada día de cor verde si a merenda é saudable / marcar cada día de cor vermella si a merenda non é saudable

- Merendas sostibles: marcar cada día de cor verde si a merenda non ten residuos / marcar cada día de cor vermella si a merenda ten residuos.

Obxectivo no final de curso ter cada semana a gráfica das marendas saudables de cor VERDE e os golfiños das merendas sostibles de cor VERDE

Este video explicativo axudaravos a comprender a mecánica do estudo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut