Skip to Content

blogue deprofe

Día da Paz

Para conmemorar o Día da Paz investigamos sobre Ibrahim Al Husein. A partir das súas vivencias reflexionamos sobre a necesidade de paz pero tamén na importancia de seguir o exemplo de altruísmo dos que a pesar das súas dificultades, se preocupan de axudar aos demáis.

Grabamos un podcast que  tendes en Radio Mundo

https://go.ivoox.com/rf/81734704

¡Lembrade instalar Ivoox no voso dispositivo para poder escoitalo! 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMA ABRE AS SÚAS PORTAS

RESERVA CITA PARA A VISITA CUBRINDO O SEGUINTE FORMULARIO:

FORMULARIO XORNADAS PORTAS ABERTAS 

ESTAMOS A VOSA DISPOSICIÓN

ceip.sanpedro.visma@edu.xunta.gal

881960787

DÍPTICO INFORMATIVO CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMA

TOUR VIRTUAL 2021

 

Día da Paz: Historia dun refuxiado paralímpico en LSE

A clase de 4º A investigou e fixo un podcast na radio sobre Ibrahim Al Husein, un refuxiado paralímpico. Aquí temos o relato signado por Fran Xin e subtitulado.

https://drive.google.com/file/d/1e2UDoaWxFr0GrVT90Lvk_zIb4cSPbDOl/view?usp=sharing

Novidades con respecto aos protocolos COVID-19

Estimadas familias:

Adxuntamos os seguintes enlaces sobre as novidades con respecto aos novos protocolos:

-Enlace para o novo protocolo COVID-19

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/545/ESCOLAS_Protocolo_COVID19.pdf

- Enlace para comunicar o resultado positivo dun autotest de saliva dun alumno/a

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

- Enlace para coñecer como se fai o reparto dos autotest de saliva nos centros educativos

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/1016/Protocolo_cribado_antixeno_educaci%c3%b3n.pdf

 

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A XESTIÓN EPIDEMIOLÓXICA EN CENTROS EDUCATIVOS - XANEIRO 2022:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/preguntas_frecuentes_protocolo_xaneiro_19012022.pdf

 

Toda a información a poden consultar nesta páxina:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Informacion-Covid-centros-educativos

 

 

Elaboramos este resumo para comunicar as novidades sobre os protocolos COVID 

1.     As probas de antíxenos con resultado positivo son consideradas como casos positivos de COVID19.

2.     Os casos positivos consideranse confirmados no momento no que o Sergas os valida a través da plataforma Educovid, mediante a cal comunica cada un dos casos aos centros educativos.

3.     As familias que realicen estas probas fóra do ámbito do Sergas e obteñan resultado positivo, o deben comunicar ao SERGAS, para o cal hai dous canles habilitados:

a.     Cuestionario web: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

b.     Teléfono: 881540045

4.     Tamén o comunicarán ao centro educativo 

5.     Os convivintes de casos confirmados poderán asistir a clase se teñen a pauta de vacunación completa. En caso contrario deberán permanecer confinados ata que reciba indicaciones por parte do Sergas (non do centro educativo).

6.     Os aislamientos redúcense de 10 a 7 días, sempre que antes da finalización non se rexistren síntomas compatibles. Cumplido o prazo, a alta é automática e non fai falla ningún parte médico.

7.     Todas as persoas de 12 anos de idade en adelante non se cuarentenan, salvo que non teñan a pauta completa de vacinación (é dicir, todas as dosis que corresponden e que figuran no certificado de vacinación) ou teñan patoloxías que impliquen inmunodepresión.

8.     Número de contaxiados nas aulas nun período de 7 días:

a.     Entre 1 e 4 casos. Non se cuarentenan na aula nin se rastrean os casos.

b.     Cinco casos ou más. Require estudio epidemiolóxico do brote por parte do Sergas. É o propio Sergas, e non o centro educativo, o que decide quen se cuarentena.

É necesario recalcar que estas son indicacións que establece e decide a Xunta de Galicia, a través da Consellería  de Sanidade. O centro educativo é un mero transmisor desa información e non toma decisións sobre as indicaciones recollidas nos protocolos. A nosa actuación realízase sempre en cumprimento das indicacións que vai dando Sanidade en cada momento concreto.

Un saúdo,

o equipo directivo.

INFOGRAFÍA XUNTA DE GALICIA:

 

AXENDA OLÍMPICA XANEIRO

AXENDA OLÍMPICA DECEMBRO

 

BO NADAL PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Despois de estar meses superándonos e mostrando un gran espíritu de equipo, desexámosvos un bo Nadal e próspero ano 2022.

IRENE MARTÍNEZ DINOS CAL É O FACHO OLÍMPICO DO COLE

DÍA 21 DE DECEMBRO, ÁS 10:00. IRENE MARTÍNEZ DESVELANOS CAL É O FACHO DOS XOGOS OLÍMPICOS DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

NADAL OLÍMPICO, ACTIVO E SAUDABLE

Polo Nadal non pares! Aproveita o tempo en Familia para practicar deporte, facer actividade física e comer de xeito saudable. Dende o Comité Olímpico do San Pedro de Visma queremos compartir con vós as recomendacións da OMS, para ter uns bos hábitos e gozar dunha mellor saúde.

Bo NADAL!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut