O alumnado de 6ºA ven de participar coa curta "O neno novo" no concurso "Cinema na escola 2022" organizado polo Concello de A Coruña .
Os nenos e nenas foron os protagonistas, guionistas, actores e actrices, produtores... un traballo feito por eles e para eles.
Lembrar tamén, que este proxecto non sería posible sen a colaboración de Alejandra Aguirre do Proxecto MUSE, que formou ao alumnado en todo o relacionado co audivisual, e a titora Rocío.
Foron longos meses de traballo nas coperativas COOPXETAL e Vida Verde, pero todo esforzo ten o seu resultado.
O pasado venres 20 de maio pola tarde foi un día de festa e traballo para os nenos e nenas de 6º de Primaria. Desde a 16:30 ata as 20:30 estiveron vendendo os seus produtos, aceites perfumados, prantas de tomate ecolóxico, aromáticas, pendentes, xabóns...
Parabéns a estas rapazas e rapazes e tamén os seus titores, Xulio e Rocío!!!!
Os rapaces e repazas de 6ºB puxeron en práctica o coñecementos aprendidos sobre a mistura de elemento e os cambios de estado da materia a través de experimentos.
Neste vídeo podemos ver o ben que o comprenderon e realizaron o experimento Ibrahima, Romeo e Matheus.