Ed. Infantil

CONTACONTOS PARA INFANTIL

Hoxe asistimos a outro contacontos e, para a nosa sorpresa, a persoa que o contaba era a mamá de Ciro, un alumno de 5º de infantil. Contounos dous contos e cantamos unha canción. Pasámolo moi ben!!!

 

 

CONTACONTOS

Hoxe, os alumnos/as de infantil, asistiron a un contacontos no salón de actos.

 

OS MADADIÑOS DO ENTROIDO

Esta semana, en infantil,  seguimos os mandadiños:

 

                    LUNS ENTROIDEIRO,

                    ALGO NO PESCOZO SERÁ O PRIMEIRO.

 

                    MARTES DE ENTROIDADA,

                    ALGO TERÁS QUE PINTAR NA CARA.

 

                    CANDO CHEGUE O MÉRCORES,

                    UN ZAPATO DE CADA COR VEREDES.

 

                    XOVES, CON MOITA DELICIA VIRÁS,

                    CUN DISFRAZ QUE TI ELIXIRÁS.

 

                    VENRES, PARA REMATAR,

                    O NOSO TRABALLO LUCIRÁS.

 

 

TALLER DE DISFRACES

Este ano no colexio vaise celebrar o Entroido Galego. En infantil imos de VOLANTES, típico da zona  de Chantada. Para elaborar o disfraz contamos coa colaboración das familias. Mirade canto traballaron os nosos papás/mamás.

DÍA DA PAZ

En infantil, para celebrar a Paz, decoramos corazóns con desexos de paz e amor.

 

ASÍ VEMOS O OUTONO EN INFANTIL

AS LETRAS GALEGAS

             A celebración das Letras Galegas,cada 17 de Maio, supón homenaxear a algún escritor/a en língua galega.

                   

O OLEIRO

Unha das actividades que tivemos no centro para celebrar as Letras Galegas foi a visita dun oleiro de Buño. A actividade resultou moi interesante e divertida para os pequenos de infantil.

 

                                       

CONTACONTOS NA ESCOLA

Para celebrar a semana do libro; tivemos un contacontos moi especial Iago López, que veu contar aos nenos/as de infantil o conto "O aprendiz de home do saco", de Antonio Reigosa. Estiveron moi atentos ao conto e foi moi divertido! .

                                

TEATRO DO ANDAMIO

Os nenos/as de Infantil recibiron a visita do Teatro do Andamio no colexio e vimos a obra A VERDADEIRA HISTORIA DOS 3 PORQUIÑOS E O LOBO. Quedaron encantados e algún peque un pouco asustado polo lobo ! .

 


Powered by Drupal - Design by artinet