Cribado preventivo

Estimadas familias 

Comprácenos comunicar que despois do cribado preventivo ao que foi sometido un grupo de alumnado e profesorado deste centro, todos os resultados que nos fixeron chegar foron negativos 

Un saúdo

Día non lectivo

Estimadas familias

Lembramos que o vindeiro luns día 17 é día festivo na nosa comunidade por celebrarse o día das letras galegas , asemade o día 18 será non lectivo por ser un dos que solicitamos ao principio de curso.

Polo tanto as actividades lectivas reanudaranse o mércores 19

Un saúdo

Positivo en COVID

Estimadas familias

Lamentablemente temos que comunicar un caso positivo no centro . Xa se tomaron as medidas oportunas seguindo as instrucións sanitarias.

GRAZAS

 

PAGO IMPRESOS COMEDOR

Estimadas familias

Xa están á vosa disposición os impresos de comedor. 

Polo que nos din desde a consellería xa está solucionado o problema informático e podedes facer o pago por ABALAR.

Un saúdo

Queda oficialmente inagurada RADIO MARQUIÑOS

Estimadas familias 

Por fin chegou o día que agardabamos con tanta ilusión!   

A nosa radio está inaugurada.

Aquí vos deixamos o primeiro de moitos programas que agardamos poder elaborar todos xuntos, coma sempre.

Temos sorpresas e moitas ideas que estamos desexando compartir con todos  vós

Só tedes que picar na icona da dereita....e a pasalo ben!!

Unha inmensa aperta chea de novas aventuras.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021 - 22

Estimadas familias

Todas as solicitudes de reserva presentadas neste centro para o curso 2021-2022 están admitidas.

Powered by Drupal - Design by artinet