Comedor

INSTRUCCIÓN COMEDOR CURSO 2021/22

Unha vez publicada a instrucción 2 de 2021 que regulará durante o curso 2021/22 o comedor escolar poñemos a vosa disposición o texto da mesma.

Para ser usuario do comedor é imprescindible entregar por correo electrónico ou na secretaría do Colexio, debidamente cuberto e asinado polos pais e membros da unidade familiar maiores de idade, o Anexo II de Autodeclaración. Aqui dispón dunha axuda para cubrir o cálculo do pagamento

Entregarase ata o día 14 de xullo en horario de 10 a 13 horas.

 

 

COMEDOR

O comedor como un servizo máis do Colexio informará todos os meses do seu menú que 

Procuramos ofrecer unha dieta sana e equilibrada ademáis de atender a aquelasdía a día se sirve ao alumnado.

dietas necesarias en función de intolerencias ou alerxias alimentarias.

Asimesmo a publicidade do menú debe servir para que, nas casas, complementen

nas outras comidas a dieta diaria.

O menú dun determinado dia pode verse alterado por circunstancias alleas ao comedor

 

COMEDOR ESCOLAR

A actual situación sanitaria e o protocolo que establece as medidas a tomar nos centros educativos afectan tamén ao comedor escolar que se ve na obriga de tomar medidas que garantan a seguridade requirida, especialmente nun comedor coma este ao que asisten máis de trescentos alumnos e alumnas. Estas medidas non son doadas de levar a cabo sobre todo cando a nosa única prioridade sempre foi e será manter o servizo para que poida comer a totalidade do alumnado.

Por todo isto e en función de distancias e grupos burbulla establecidos no protocolo fanse necesarias tres quendas de comedor cos tempos necesarios entre quenda e quenda para desinfeción e ventilación. Estas tres quendas repártense en tramos de 45 minutos que non se poden alongar porque acarrearía retraso na saída que é inamovible en función do servizo de transporte escolar.

En cada quenda o alumnado é atendido pola encargada de comedor , os coidadores e coidadoras e o persoal de cociña. Non podemos esquecer que con este protocolo, o alumnado dos cursos máis altos, que antes colaboraban nas tarefas de servir, xa non o poden facer.  Este persoal que está en comedor ten que ir buscar as bandexas que preparan en cociña, servila, recoller os pratos, axudar aos que o precisen, levarlles auga e pan cando o precisen, servir máis comida se repiten... unha actividade sen descanso que se repite en cada quenda cun tempo limitado. Por esta razón queremos salientar aquí o labor do persoal de cociña e dos coidadores que traballan arreo cada día, sen descanso e coa maior das implicacións para que todo saia ben día tras día.

En canto ao menú diario queremos aclarar as dúbidas que algunha familia prantexa relativas á calidade ou as características nutricionais. Neste sentido debemos insistir en que seguimos a mercar os mesmos produtos de sempre, que sempre se escolleron e seguirán a escollerse con mimo para o noso alumnado. Se ben é certo, temos que ter en conta que é absolutamente imposible que a comida manteña a mesma idoneidade na terceira quenda que na primeira. Todos sabemos que , no momento da súa elaboración, a comida está moito máis saborosa, pero non perde a calidade, que sempre é a mesma. Pero iso é algo que non podemos solucionar doutra maneira pois temos un protocolo que cumprir e un tempo limitado.

Seguramente a través do menú que se publica na web ou polas conversacións cos vosos fillos e fillas saberedes que hai ocasións en que os dous pratos diarios se ven condensados nunha especie de “prato combinado” ou que acompañamos un primeiro máis forte caloricamente falando dun segundo mais lixeiro. Todo isto é coa intención de axilizar o proceso de cambio de servizos e coa fin de aforrar as viaxes que requirirían menús máis complexos pero que retrasarían todo o proceso.

Coa chegada do frío aumenta a cantidade de pratos de culler que vos pode facer pensar que o menú está desequilibrado, pero podemos asegurar con total certeza que non é así. Coma sempre se fixo e seguirá a facerse os menús son elaborados pola encargada de comedor e a cociñeira que conta cos coñecementos relacionados con esta materia e atendendo sempre aos estándares e indicacións establecidos pola consellería .

Sempre intentamos que o noso alumnado goce da mellor atención posible e buscamos a mellor maneira de facelo, tamén neste caso. Estamos asemade sempre dispostos a escoitar as vosas suxestións pero seguro que comprendedes que hai situacións e momentos nos que é imposible atender a todos os vosos requirimentos polos moitos condicionantes que se presentan.

Coma sempre e máis que nunca, agradecemos a vosa comprensión e a vosa colaboración.

APROVEITAMOS PARA LEMBRAR QUE , DESPOIS DE MOITO PELEXAR, CONSEGUIMOS QUE A XUNTA NOS CONCEDERA A POSIBILIDADE DE DOUS COIDADORES A MAIORES MENTRES SE DEA ESTA SITUACIÓN. A DÍA DE HOXE SEGUIMOS A TER SÓ DEZ. PRECISAMOS DÚAS PERSOAS QUE ESTÉN DISPOÑIBLES PARA VIR TRABALLAR CON NÓS.

GRAZAS

Pago telemático do comedor por ABALAR, ATRIGA e pago presencial en entidades bancarias

Medios de pagamento do servizo do comedor escolar

Na seguinte publicación amosamos diferentes métodos de pago do comedor escolar. Ata o momento podíase realizar esta pagamento de xeito presencial ou ben empregando un DNI electrónico ou o certificado dixital. Lendo o artigo na súa totalidade podernase consultar todos os métodos dispoñibles ata o día de hoxe e a forma de xustificación dos mesmos.

 

 

PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes

 

 

Pagamento TELEMÁTICO a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda

 

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. 

PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.

 

https://ovt.atriga.gal/

 

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes

O pago da taxa efectuase na plataforma ATRIGA a través dos seguintes menús, onde deberán cumprimentar os datos que figuran na carta de pago que recibiron do centro educativo:

 

 

1. Oficina Virtual Tributaria / CIDADÁNS

 

 

2. Pago Telemático de Taxas e Prezos  -  Iniciar TAXA / Acceso LIBRE á taxa


 

 

3. Iniciar tramitación electrónica

 

 

 

4. Introducir os datos da taxa (recollidos na carta de pago que reciben en formato papel)

 

 

5. Introducir datos identificativos do pagador

 

 

6. PAGO TELEMÁTICO

 

 

7. Selección do método de pago telemático

 

 

 

* Nalgunhas modalidades de pagamento, as entidades colaboradoras poden esixir o pagamento dunha comisión pola prestación do servizo.

 

IMPRESCINDIBLE COMPLETAR ESTE PASO: Ao rematar o pago, a aplicación xerará un documento xustificativo do pago etiquetado como MODELO 730 en formato pdf, o cal nos deben achegar, ben impreso en papel ou remitindo o referido documento pdf ao correo electrónico

ceip.san.marcos@edu.xunta.es

 

 

 

Pagamento TELEMÁTICO a través da web ABALAR  

 

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/ 

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.

Máis información en:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/video-titorial-e-guia-de-uso-actualizada-para-o-pago-telematico-da-taxa-polo-uso-do-servizo-de

 

Pagamento PRESENCIAL nas entidades bancarias colaboradoras:

 

Banesto

Bankia (Caja Madrid)

Banco Sabadell

Caja Duero

Banco Gallego

ABanca

Banco Caixa Geral

Caixa Rural Galega

Banco Santander

IberCaja

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

Targobank (Banco Popular Hipotecario)

Banco Pastor

Caja España

Caja Rural Zamora

 

Banco Popular Español

CaixaBank 
(La Caixa)

 

 

 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.

 

O DITO XUSTIFICANTE PODE ACHEGARSE EN FORMATO PAPEL Á SECRETARÍA DO CENTRO EDUCATIVO OU EN FORMATO ELECTRÓNICO JPEG OU PDF, VIA E-MAIL AO CORREO ELECTRÓNICO ceip.san.marcos@edu.xunta.es

AVISO IMPORTANTE USUARIOS COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias.

A Consellería de Educación e FP acaba de publicar unha orde na que se contempla a compensación económica ás familias becadas de comedor que nestes días. debido á situación que estamos a vivir, non poden facer uso do mesmo.

Esto inclúe tanto ás familias de GRATUIDADE TOTAL como ás que abonan UN EURO polo servizo.

 

Pago comedor

Estimadas familias.

Ante a imposibilidade de facervos chegar os impresos de pago de comedor aconsellámosvos que fagades o pago telemático, a través de Abalar, para o que estades todos habilitados.

Se por calquera cuestión non podedes facelo así mandade un correo ao centro e mandarémosvos á volta de correo un PDF para que poidades acudir ao voso banco habitual.

Moitas grazas.

Powered by Drupal - Design by artinet