Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Día non lectivo
Estimadas familias
Lembramos que o vindeiro luns día 17 é día festivo na nosa comunidade por celebrarse o día das letras galegas , asemade o día 18 será non lectivo por ser un dos que solicitamos ao principio de curso.
Polo tanto as actividades lectivas reanudaranse o mércores 19
Un saúdo
PAGO IMPRESOS COMEDOR
Estimadas familias
Xa están á vosa disposición os impresos de comedor.
Polo que nos din desde a consellería xa está solucionado o problema informático e podedes facer o pago por ABALAR.
Un saúdo
Queda oficialmente inagurada RADIO MARQUIÑOS
Estimadas familias
Por fin chegou o día que agardabamos con tanta ilusión!
Aquí vos deixamos o primeiro de moitos programas que agardamos poder elaborar todos xuntos, coma sempre.
Temos sorpresas e moitas ideas que estamos desexando compartir con todos vós
Só tedes que picar na icona da dereita....e a pasalo ben!!
Unha inmensa aperta chea de novas aventuras.
COMUNICADO COIDADORES
A petición dos coidadores e coidadoras do comedor escolar deste centro achegamos o seguinte comunicado:
* Facer clic na imaxe para poder ver o comunicado completo
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021 - 22
A ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes establece os plazos de admisión do alumnado nos centros públicos
1.- RESERVA DE PLAZA. O alumnado que cambia de etapa educativa debe reservar a súa plaza no centro de referencia (IES Vios) entre o día 11 de xaneiro e o 8 de febreiro. Poderao facer a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A e ED550A bis)
2. PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN. Os plazos son os que siguen
● Presentación da solicitude do 1 de marzo ao 22 de marzo documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril de 2021.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes de 15 de maio de 2021.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 xuño de 2021.
HORARIO DE ATENCIÓN : Telefonicamente de 9.45 a 13.30 horas.
Lembramos que hai que se precisa o libro de familia, o DNI de ambos proxenitores e, en caso de separación ou divorcio a documentación pertinente. Xunto con esto o ANEXO II cuberto xunto co impreso de parada de bus, opción relixiosa e autorización de imaxe.
Lémbrase que o alumnado actualmente matriculado no centro ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.
Nota: Está a súa disposición nos arquivos adxuntos toda a documentación necesaria a presentar na secretaría do colexio.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »