Skip to Content

2º Ciclo de Ed. Primaria

Información Reunión Inicial Familias

Boas tardes familias!

Aquí vos deixo o arquivo resumo da reunión inicial celebrada o 16 de setembro de 2024 para todas aquelas familias que non poideron asistir.

Premede na imaxe ou no aquivo adxunto para acceder ao contido.

Lembrade non mercar os libros de lectura ata novo aviso, en especial o libro de teatro ate comprobar que non estea descatalogado.

 

 

Un saúdo

Mary

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS

Para todas aquelas familias que non puideron estar na reunión inicial das familias o para aquelas que queran volver a ver a información presentada, deixamos aquí o arquivo adxunto.

NOTA: Lembrade non mercar o libro de lectura "Teatro ás tres pancadas"

 

REUNIÓN PRINCIPIO DE CURSO 2024-25

REUNIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO 2024-25

Stop Motion Proxecto Competencial

Benvidas e benvidos á mostra do noso espectacular traballo final deste curso en proxecto competencial!

 Durante este último trimestre fixemos unhas marabillosas películas de animación coa técnica stop motion.

 Que ben o pasamos!!!

 Pinchade nos videos para acceder ao contido e desfrutar destas obras de arte dixital.

 

 

 

 

Descansade e pasade un feliz verán! Vémonos en setembro coas pilas cargadas!!

MÚSICA E EVOLUCIÓN

O pasado luns o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a un concerto explicativo da man dos músicos Rosa e Pablo.

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer o porqué dalgúns roles do ser humano na sociedade explicado a través da música tradicional galega.

Todo, ao tempo que se informaban sobre a evolución dos instrumentos galegos que coñecen hoxe en día e da importancia da música na sociedade xa desde as orixes da humanidade e ata os nosos días.

A conclusión foi que a música abarca moitos ámbitos da nosa vida redundando con importantes beneficios en cada un de nós como seres humanos e en conxunto como sociedade.

Velaquí algunhas imaxes da actividade.

 

SAMAÍN

SAMAÍN

Venres 29 de outubro celebración do Samaín.

 

 

 

AGORA IMOS ANDANDO Ó COLE!!!

Un ano máis o alumnado do noso centro participou na convocatoria de STOP Accidentes- ANCAS (proxecto de participación cidadá, onde o peón é o protagonista) Agora imos andando ao cole!!! 

Queremos felicitar á nosa alumna Alba García Botana de 3ºB porque o seu debuxo saiu seleccionado e o día 17 de decembro recibiu o premio no Salón de Plenos do Concello de A Coruña, e a súa creación pasa a formar parte do calendario 2021 de ANCAS.

Podemos escoitar a explicación do seu debuxo pinchando aquí

PARABÉNS ALBA!!!

 

                                       

traballo no cofinamento

Estas fichas son para realizar en dous días.

Un saúdo

Tarefas do 15 o 18 de xuño

Por fin chegamos ao remate do curso!!

Achégovos as últimas tarefas que son voluntarias, non teredes que envialas.

Parabéns a todos e todas polo voso traballo. E grazas as familias pola súa colaboración.

Boas Vacacións e feliz verán!!

 

Que traballamos o próximo curso?

Bos días nenos e nenas!! Como estades?

É importante que pasedes polo blog da biblioteca, xa que Elmer o e Equipo de Biblioteca propoñen tres posibles temas para traballar durante o próximo curso. Entrade no blog para ver cal vos gustaría máis e a votar.

https://oblogdeelmer.blogspot.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut