Comunicamos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o vindeiro curso 2021/2022, deberá formalizar a súa matrícula entre o 20 e 30 de xuño.
Se finalizado este prazo non tivese formalizado ésta, teráselle por decaído o dereito á mesma.
A documentación que deberá presentar é a seguinte:
-
4 fotografías tamaño carnet´.
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno-a actualizada.
-
En caso de divorcio ou separación , copia cotexada da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno-a.
Lembramos que unha vez matriculado o alumno-a, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil
O día 28 de xuño, ás 13:00 h, terá lugar unha webinar (CISCO WEBEX) cas familias de 3 anos previa inscripción no teléfono: 881960981.