Skip to Content

AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

 

Comunicamos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación de solicitudes abarca desde o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde  esté admitido para o vindeiro curso 2021/22.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática a través da aplicación FONDO LIBROS  ou  SEDE ELECTRÓNICA

Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 11:30  e de 12:00 a 13:45, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00 h respetando as medidas sanitarias en vigor (mascarillas, distancia de seguridade) e as establecidas polo propio centro. A documentación a presentar é a seguinte:

  • Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluindo todos os fillos-as matriculados no centro.
  • Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia)

Só se permitirá a entrada no centro para o trámite administrativo a unha soa persoa.

As colas de espera realizaranse no exterior  mantendo a distancia de seguridade.

Datas importantes: 

  • Publicación listaxes provisionais: 28 de xuño

  • Reclamación ás listaxes provisionais : 29 e 30 de xuño

  • Publicación listaxes definitivas: 5 de xuño

  • Entrega libros de texto do fondo ás familias de 3º  a 6º de EP: en setembro. Comunicarase a través da web e/ou abalarmóbil.

  • Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 25 de xuño ao 7 de xullo. Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerese a partires do día 1 de setembro na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas

TODA A INFORMACIÓN PREMENDO NA IMAXE 

ACCESO APLICACIÓN FONDO LIBROS

SOLICITUDE PARA DESCARGAR: ANEXO I E ANEXO II



page | by Dr. Radut