Skip to Content

AVISO IMPORTANTE INCORPORACIÓN /SAÍDA DO CENTRO FORA DO HORARIO ESTABLECIDO

Estimadas familias,

Este curso o alumnado accederá e sairá do centro no horario establecido.

Se tivesen unha cita médica ou causa xustificada que obriga a entrar ou saír dentro do horario lectivo, deberá ser preferentemente nas horas indicadas a continuación: 

 Educación Infantil: de 11:00 h a 11.10 h.

 1º, 2º e 3º Educación Primaria : de 11:30 a 11:40 h.

 4º, 5º e 6º Educación Primaria: de 11:55 a 12:05 h.

Deberase avisar ó profesor-a titor-a día anterior por abalarmóbil, que servirá como xustificante.

É importante que se alguén cambiou de número de teléfono móbil informe ó titor-a canto antes.

Grazas de novo pola súa colaboración.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Estimadas familias,

Queremos darlle os parabéns ós nenos e nenas que hoxe se incorporaron ó curso e agradecervos a vosa colaboración que fai contribue a que todo saia xenial!!

Lembramos, que mañá incorporanrase todos os cursos, polo que é fundamental a puntualidade, o cumprimento das normas e seguir as indicacións do profesorado. É importante evitar aglomeracións e que cada curso entre no seu turno, mañá os primeiros serán os de 6º EP, 3º e 4º entrarán despois.

As familias que teñen irmáns no centro (só nos casos de irmáns de EP que teñen entrada no mesmo horario por portas diferentes) poden solicitar incorporarse no horario do irmán maior. O procedemento será enviar un correo electrónico ó ceip.sanfrancisco@edu.xunta.gal , indicando en asunto: Incorporación de irmáns, e no corpo da mensaxe o nome e apelidos de cada un deles así como o curso no que están escolarizados.

Comunicarase a concesión o máis axiña posible.

Grazas pola súa colaboración.

Mañá todos poderán disfrutar da tan esperada pista cuberta!!!

                         

DECLARACIÓN RESPONSABLE

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Estimadas familias, 

Dada a situación excepcional que estamos a vivir, é necesario que todos colaboremos en evitar a propagación do virus e manteñamos unha aptitude responsable, evitando que os nosos-as fillos-as non acudan á escola ante a sospeita de aparición de síntomas compatibles coa COVID 19. É por iso que a Consellería obriga á sinatura dunha declaración reponsable por parte das familias, que é necesario cumplimentar e asinar.

A declaración responsable pode ser descargada pinchando aquí.

No anexo I do protocolo, figura a seguinte enquisa que pretende ser útil para poder identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección po coronavirus.

 

Esta declaración debe ser entregada ó profesorado titor antes do día 15 de setembro .

Grazas pola súa colaboración.

 

INICIO DE CLASES

Estimadas familias,

Xa estamos a piques de comezar o novo curso. Tal e como adiantamos hai uns días, este ven acompañado de moitas novidades, entra elas, a flexibilización tanto de horarios como de puntos de acceso nas entradas e saídas.

O obxectivo é evitar aglomeracións e tempos de espera. Que todo saia ben depende da colaboración e cumprimento estrito dos horarios  e normas establecidas.

De acordo cas instrucións da Consellería o comezo de clases será gradual para os cursos de EI e EP

O próximo xoves día 10 de setembro empezarán  4º EI (3 ANOS) , 5º EI (4 anos)  1º, 2º e 3º de EP.

O venres día 11 de setembro, incorporarase 6º de EI (5 anos), 4º, 5º e 6º de EP.

PLANO ENTRADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL- ENTRADA

 

ACCESO AO CENTRO: PORTA PEATONAL RÚA ROBERTO TOJEIRO DÍAZ.

SAÍDA: PORTA DA RÚA RONDA DE OUTEIRO.

NORMAS PARA O ACCESO FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL:

·  Permítese só un acompañante adulto por alumno-a, con uso obrigatorio de máscara.

. En Educación Infantil a máscara será obrigatoria en todas as zonas común, entradas, saídas… e moi recomendable dentro da aula.

·  Accederase por Roberto Tojeiro Díaz  e sairase pola Ronda de Outeiro.

·  Manterase a distancia de seguridade entre as persoas.

·  Os adultos non poden subir as escaleiras do porche.

·Os adultos de 6º de EI bordearán a pista cuberta, non estando permitido o acceso á mesma.

·Abandonarase o recinto o antes posible, evitando atascos e grupos de persoas.

Horarios actualizados EI a partires do 28 de setembro:

 

NIVEL

ENTRADA

RÚA

ACCESO

LOCALIZACIÓN

ALUMNADO

SAÍDA

LUGAR

 RECOLLIDA

4º EI

9:10

Roberto Tojeiro Díaz

Porche central

Primeira porta esquerda

 (zona oeste)

13:30

Porche

Porta 3

Acera escaleira

5º EI

9:05

Roberto Tojeiro Díaz

Porche de entrada porta central

13:40

Porche

Porta 3

Acera escaleira

6º EI

9:05

Roberto Tojeiro Díaz

Pista cuberta

13:40

Pista cuberta

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA- ENTRADA

As portas do recinto abriranse ás 8:50 h para que o alumnado poida acceder, mantendo a distancia de seguridade e evitando atascos.

Procurarase que a orde de acceso ao recinto sexa de acordo á orde de entrada ao centro. Os que primeiro accederán son as alumnas e alumnos de 5º e de 6º de EP pola porta correspondente.

Non estará permitido a entrada de acompañantes.

Habilitaranse dous accesos:

Ronda de Outeiro : 6º, 4º e 3º de Educación Primaria.

Roberto Tojeiro Díaz: 5º, 2º e 1º de Educación Primaria.

Se algún alumno-a chega tarde esperará  fora do recinto co seu acompañante a que entre todo o alumnado. Unha vez que estea libre o porche esperará no mesmo e seguirá as indicacións do persoal do centro para poder acceder á aula.

O retraso ten que ser por causa xustificada.

NIVEL

HORA DE ENTRADA

ACCESO

RECINTO

LOCALIZACIÓN

ALUMNADO

HORA DE SAÍDA

RECOLLIDA ALUMNADO

1ºEP

9:00

 

Rúa Roberto Tojeiro

PORCHE

PORTA Nº2

CENTRAL

13:45

Rúa Roberto Tojeiro

EP

9:00

 

Rúa Roberto Tojeiro

PORCHE

PORTA Nº1

13:45

Ronda de Outeiro

EP

8:55

Ronda de Outeiro

PISTA CUBERTA

13:50

Ronda de Outeiro

EP

8:55

 

Ronda de Outeiro

PISTA CUBERTA

13:55

Ronda de Outeiro

EP

8:50

Rúa Roberto Tojeiro

PORCHE PORTA Nº3

14:00

Ronda de Outeiro

EP

8:50

Ronda de Outeiro

PISTA CUBERTA

14:00

Ronda de Outeiro

 

PLANO  SAÍDAS EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL. SAÍDA

·Permítese só un acompañante adulto por alumno-a con uso obrigatorio de máscara.

·Accederase por Roberto Tojeiro Díaz  e sairase pola Ronda de Outeiro. O punto de recollida será o mesmo que o punto de entrada.

·  Manterase a distancia de seguridade entre as persoas.

·  Os adultos non poden subir as escaleiras do porche.

·Os adultos de 6º de EI bordearán a pista cuberta, non estando permitido o acceso á mesma.

·Abandonarase o recinto o antes posible.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA . SAÍDA

·  Non se permitirá a entrada a ningún acompañante. Recollerán aos nenos-as no exterior do recinto no punto de saída indicado na táboa anterior.

·   A cada neno-a daráselle unha numeración para saír de maneira ordenada, polo que as familias deberán agardar respectando dito orde, que se manterá ao longo de todo o curso escolar.

·  Abandonarase o recinto o antes posible, evitando aglomeracións.

CALENDARIO DE REUNIÓNS FAMILIAS

O profesor/a contará cas familias para concretar a hora.

NIVEL

DATA

HORA

4º EI

Mércores 9 setembro

A partires das 9:30

5ºEI

Luns 28 de setembro

A partires das 16:00

6ºEI

Luns 28 de setembro

A partires das 16:00

1ºEP

Luns 14 de setembro

A partires das 16:00

2ºEP

Mércores 16 de setembro

A partires das 16:00

3ºEP

Martes 15 de setembro

A partires das 16:00

4ºEP

Venres 11 de setembro

A partires das 16:00

5ºEP

Luns 21 de setembro

A partires das 16:00

6ºEP

Jueves 17 de setembro

A partires das 16:00

INFORMACIÓN IMPORTANTE PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º EI

Estimadas familias de 4ºEI,

En arquivo adxunto publícase o horario do período de adaptación .

Horario período de adaptación 4º EI A (lazo vermello)

Horario período de adaptación 4º EI B (lazo azul)

A reunión cas familias terá lugar o mércores día 9 de setembro no horario que indicaron as titoras. 

Reciban un cordial saúdo

 

HORARIO ENTREGA FONDOLIBROS 5º e 6º EP

Estimadas familias de 5º e 6º EP

As familias que teñen concedidos os libros do fondosolidario  poderán pasar a recollelos o próximo martes 8 de setembro.

A entrega terá lugar na porta central do porche do colexio, e as quendas para recollelos os libros do alumnado de 6º de EP será en función da letra do primeiro apelido.

12:00 - 12:30 horas. Desde a letra  A ata a F (ambos incluídos)

12:30- 13:00 horas: Desde a letra  G ata a Pi (ambos incluídos)

13:00-13:30 horas: Desde a letra  Po ata a V (ambos incluídos)

O horario de recollida para todas as familias de 5º de EP será entre as 12:00 h e as 12:30 h

So poderá acudir unha persoa, debidamente acreditada para proceder á recollida. 

Grazas pola súa colaboración e reciban un afectuoso saúdo.

HORARIO ENTREGA FONDOLIBROS 3º EP

Estimadas familias de 3º de EP, 

As familias que teñen concedidos os libros do fondosolidario  poderán pasar a recollelos o próximo luns, 7 de setembro.

A entrega terá lugar na porta central do porche do colexio, e as quendas para recollelos, serán en función da letra do primeiro apelido.

12:00 - 12:30 horas. Desde a letra  A ata a G (ambos incluídos)

12:30- 13:00 horas: Desde a letra  H ata a ME (ambos incluídos)

13:00-13:30 horas: Desde a letra  MO ata a Y (ambos incluídos)

So poderá acudir unha persoa, debidamente acreditada para proceder á recollida. 

Grazas pola súa colaboración e reciban un afectuoso saúdo.

CIRCULAR INFORMATIVA

Estimadas familias, 

Desde o centro continuamos a preparar o próximo curso en aras a cumplir con todo o protocolo sanitario, pensando na protección e  prevención de toda a comunidade educativa. É por iso que publicamos a primeira circular, a fin de que teñades coñecemento das principiais novas. 

É importante que sigades atentos/as á páxina web, que será o principal medio de comunicación nestes días, onde se continuará informando dos apartados organizativos máis destacados.

Grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial e afectuoso saúdo.

O Equipo Directivo

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO 

LISTAXE DE MATERIAL ALUMNADO CURSO 2020/2021

HORARIO ENTREGA FONDO LIBROS 4º EP

Estimadas familias de 4º de EP, 

As familias que teñen concedidos os libros do fondosolidario de 4º EP poderán pasar a recollelos mañá venres, 4 de setembro.

A entrega terá lugar na porta central do porche do colexio, e as quendas para recollelos, serán en función da letra do primeiro apelido.

12:00 - 12:30 horas. Desde a letra  A ata a F (ambos incluídos)

12:30- 13:00 horas: Desde a letra  G ata a N (ambos incluídos)

13:00-13:30 horas: Desde a letra  P ata a V (ambos incluídos)

 

So poderá acudir unha persoa, debidamente acreditada para proceder á recollida. 

Grazas pola súa colaboración e reciban un afectuoso saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut