Skip to Content

MATRICULA ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

 

 

 

 

   alumnado admitido no CEIP Salgado Torres para o vindeiro curso 2021/2022, deberá formalizar a súa matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

     Se finalizado este prazo non tivese formalizado ésta, teráselle por decaído o dereito á mesma.

     A documentación que deberá presentar é a seguinte:

     Lembramos que unha vez matriculado o alumno-a, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil

 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/2022

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2021-2022 

 

Comunicamos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

 

prazo de presentación de solicitudes abarca desde o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde  esté admitido para o vindeiro curso 2021/22.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática a través da aplicación FONDO LIBROS  ou  SEDE ELECTRÓNICA

Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 11:30  e de 12:30 a 13:30, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00 h respetando as medidas sanitarias en vigor (mascarillas, distancia de seguridade) sen cita previa . A documentación a presentar é a seguinte:

  • Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluindo todos os fillos-as matriculados no centro.
  • Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude, libro de familia (orixinal e fotocopia).

Só se permitirá a entrada no centro para o trámite administrativo a unha soa persoa.

ACCESO APLICACIÓN FONDO LIBROS

SOLICITUDE PARA DESCARGAR: ANEXO I E ANEXO II

 

2021. Día das letras galegas con música.

Este 17 de maio de 2021 celebramos no noso colexio un Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias con música e baile.

Esperamos que vos guste.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

LISTAXES DEFINITIVAS

 

No taboleiro de anuncios do centro, están expostas as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2021-2022.

 

A dirección do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut