Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

O prazo de presentación remata o 21 de xuño de 2024 ás 13:00h (electrónica 23:59 horas).

A resolución provisional publicarase o 2 de xullo. As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días hábiles seguintes á publicación da listaxe provisional.

A resolución definitiva publicarase o 5 de xullo

Entrega de vales do 08 ao 10 de xullo en horario de secretaría ( os que no se entreguen nesas datas quedarán no centro e os solicitantes poderanos recoller en setembro).

Importante: Os vales só se entregarán aos solicitantes ou con autorización asinada polo solicitante e a copia do DNI do solicitante e do autorizado.

Os libros asignados entregaranse ao inicio do curso escolar.

Ver adxuntos para ler a información

LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA OCURSO 2024-25

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido en non admitido para a vindeiro curso 2024-25.

Están dispoñibles no taboleiro de anuncios do centro escolar ou ben na aplicación da Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con chave 365 ou ben certificado dixital.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

As familias deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño na secretaría do centro.

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS CURSO 2024-25

Hoxe publicamos as listaxes provisionais do alumnado admitido en non admitido para a vindeiro curso 2024-25.

Están dispoñibles no taboleiro de anuncios do centro escolar ou ben na aplicación da Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con chave 365 ou ben certificado dixital.

O prazo de reclamación é de 5 días hábiles ( ata o 3 de maio) na secretaría do centro de 09:10H a 11:30h e de 12:30 a 13:50h.

BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR CURSO 2024-25

A partir de hoxe 17 de abril de 2024, ábrese o prazo para solicitar as  bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

 

Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

 

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

-         

na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor-para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

-         

na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

-         

no teléfono 010 de información cidadán

 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-25

Para realizar o trámite debedes presentar:

  • Libro de familia ou certificado de nacemento do rexistro.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial no caso de separación ou divorcio.
  • En caso de familias que presenten solicitude para prazas reservadas para alumnado con NEAE, documentación xustificativa desta circunstancia.

 

Para presentar a solicitude pode facerse:

  • Presencial. No propio centro en horario de 9.10 h a 11:45h e de 12:15 h a 14.00 h. Os luns tamén en horario de tarde de 16.00 h a 17.00 h.

 

 

resolución provisional será o 25 de abril e a listaxe definitiva o 15 de maio.

Poden consultar toda a información nos documentos adxuntos.

 

 

 

 

 

Reserva de postos escolares para o IES ELVIÑA

 

O número de postos dispoñibles no IES Plurilingüe Elviña non é suficiente para atender todas as solicitudes presentadas en prazo polo que todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión para o curso 2024-2025.

 

O prazo para presentar a solicitude de admisión Anexo II ( ED550B)  e o Anexo II Bis de comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora para o vindeiro curso é do 1 ao 20 de marzo de 2024 no centro de ensino onde se solicita praza ou a través da sede electrónica.

 

 

Biblioteca

nenos lendo no patio

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut