Skip to Content

Actividades

Visita á Biblioteca do Forum os de 3º e Infantil

O alumnado de 3º e Infantil visitaron á biblioteca do Forum Metropolitano.

Os alumnos e alumnas de Infantil desfrutaron dunha actividade de contacontos onde tamén deronlles a coñecer os aspectos máis importantes da biblioteca.

A visita de 3º estaba dirixida para coñecer que son e que utilidade teñen os libros de divulgación. Para iso prepararon unha situación moi chula de investigación onde os nenos e nenas tiveron que resolver un caso dun roubo real dun cadro. Moitas grazas pola visita a unha das mellores bibliotecas da nosa cidade.

 

Visita da coordinadora de trasplantes do CHUAC

O alumnado de 6º recibiu a visita da coordinadora de transplantes do CHUAC. Aproveitou a charla para explicar aspectos importantes sobre hábitos saudables, os requesitos para poder ser persoa doadora e tamén aspectos básicos sobre a RCP e que facer nunha situación de emerxencia. Lembrade que no noso centro temos instalado unha máquina de RCP.

maquina rcp

2º visita a Casa das Ciencias

O alumnado de 2º, visitaron o museo científico, "Casa das Ciencias" e o seu Planetario. Participaron nas actividades das exposicións que son de carácter interactivo, manipulando e experimentando de maneira activa, para tratar de comprender ou experimentar por se mesmos os secretos da Física. No Planetario, desfrutaron dunha actividade espectacular onde coñeceron datos curiosos da nosa galaxia e Universo.

 

Os de 3º van ver "Só" ao Forum

O alumnado de 3º acudiu ao Forum para ver a obra de teatro "Só". Só, vai dun personaxe obsesivo, cuadriculado e minucioso. Un ser único na súa especie rodeado dunha infinidade de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para darlle forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

6º Participa na actividade "Espías no Tempo"

elviña nos 70

O alumnado de 6º participou na actividade "Esías no Tempo". Este programa busca dar a coñecer o patrimonio da cidade e desenvolver un sentimento de pertenza local entre o alumnado dos centros educativos. Ao mesmo tempo, pretende fomentar o papel educativo da cidade como un espazo xerador de experiencias e de memoria compartida. Nesta ocasión o alumnado coñeceu a contorna do centro e como se desenvolveu ao longo do tempo.

 

Día da Muller

O pasado día 8 de marzo celebramos o "Día da Muller"  cunha serie de actividades por aula  no que investigábamos sobre mulleres que foron pioneiras e ademáis abrimos un espazo de reflexión sobre a situación da muller na actualidade. Organizamos a nivel centro un mural, no que cada aula incluíu unha muller que destacou ou foi a primeria nun campo relacionado cos deportes, a ciencia ou calquera outro aspecto social e cultural. Deixamos unha pequena monstra do que se fixo nese día.  

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)

Día de Rosalía

Este ano celebramos o "Día de Rosalía" en todo o centro cunha chea de actividades relacionados coa autora e a súa obra. Tentando en todo momento ter presente a esta autora tan senlleira para os galegos e galegas, as actividades foron do máis variado, dende a fabricación de herbarios coas plantas que aparecen na súa obra, coma a elaboración de murais. A pesar da chuvia, puidemos adicarlle unha canción Deixamos un resudo do que se fixo ese día.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)

Paco Nogueiras ven a nosa biblio

O alumnado de Educación Infantil puido desfrutar dun concerto co inigualable Paco Nogueiras. Cargado de bo rollo, de historias e cancións, animou o ambiente do noso centro, poñendo aos máis cativos a bailar e a facer os coros. Moitas grazas Paco pola túa visita. Esperamos que volvas pronto.

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)

5º e 6º visitan á Abanca para ver a obra de Teatro "Help! (Trouble in the jungle)"

Help! foto promocional

O alumnado de 5º e 6º foron á Fundación Abanca a ver "HELP! (Trouble in the Jungle)". Esta obra de teatro vai de Zaida que vive na selva tropical, pero unha mañá a selva pídelle axuda. Un grupo de leñadores chegan para cortar a árbore máis alta da fraga, que ofrece alimento, refuxio e sombra a todas as persoas que a habitan. Ela soa terá que detelos coa inestimable axuda do público. Repleta de cancións, acción e gargalladas, esta comedia interactiva fará que o alumnado reflexione sobre a conservación e o coidado do medio ambiente. Unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

 

Desfile do Entroido

A pesar da chuvia , o noso colexio non se detivo na celebración do Entroido. Este ano, fomos disfrazados de choqueiros.

Bailando e rindo baixo o noso patio cuberto, demostramosque ningunha tormenta pode apagar o espírito festivo do Entroido do Salgado.

A pesar das condicións climáticas adversas, o desfile do Entroido deste ano foi unha mostra do espírito de comunidade e a creatividade do noso colexio.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)

Distribuir contido


by Dr. Radut