Skip to Content

Solicitude de Fondo de Libros

 

imaxe fondo de libros

Orde 10 de maio de 2023, DOG 19 de maio de 2023


FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PROCEDEMENTO ED330B


Prazo presentación solicitudes dende o día seguinte á publicación ata o 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Circular do centro

Orde publicada no DOG

Anexo I e II

Sede Electrónica

Páxina Educación Fondo Libros

Admisión Alumnado Listaxe Admitidos definitiva

 

Informamos que están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2023-2024.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

Actividades Curso 22-23

Día das Letras Galegas

Actividades do Día das Letras Galegas, onde rendímos homenaxe este ano a Franciso Fernández del Riego. Para máis información, premer eiquí.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)

 

Visita Biblioteca de 4º

O alumnado de 4º visitou a biblioteca González Garcés, once coñeceron como funciona unha biblioteca. Para máis información, premer eiquí.

alumnado no medio dun pasillo da biblioteca

Visita de Paco Nogueiras:

As nenas e nenos de Infantil recibiron a visita de Paco Nogueiras que veu a cantarnos e contarnos contos marabillosos da editorial Kalandraka. Para máis información, premer eiquí.

paco nogueiras na biblio contando un conto

Visita da Policía Local:

Visita da Policia Local da Coruña, onde aprendimos aspectos importantes da educación vial. Para máis información, premer eiquí.

policia local explicando sinal

Visita ao MUNCYT

Excursión ao MUNCYT realizada polo alumnado de 1º e 2º de E. Primaria para coñecer a súa exposición e ademáis participaraon nun obradoiro. Para máis información premede eiquí.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)

 

 

Visita a Tranvias

 

Este marzo empezamos as alumnas e alumnos de 4º visitaron Cocheras, onde a compañía de Tranvias de A Coruña ten a súa base. Para máis información premede eiquí.

nenos en cocheras

Día de Rosalía

O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. Organizamos actividades nas aulas e tamén un baile todo o cole.  Para máis información premede eiquí.

nena debuxando a rosalia

Desfile Entroido 2023

Este ano o desfile de Entroido está relacionado co PDI e fomos dos inventores e inventoras das diferentes épocas da Historia. Para máis información premede eiquí.

Contacontos Vampiro Ramiro de 1º

A volta de Entroido, as nenas e nenos de 1º recibiron na Biblioteca a Pittaluga-Miranda. Viñeron a contarnos o conto "O Vampiro Ramiro" un contacontos xenial para reflexionar sobre a convivencia e o valor da lectura. Para máis información premede eiquí.

foto biblioteca contocacontos ramiro

Día da Lingua Internacional da Lingua Materna

Para celebrar este 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna, o alumnado do centro participou na búsqueda de información sobre os inventos e inventores galegos e galegas. Para máis información premede eiquí.

primeiro libro electrónico

Visita á Biblioteca de 4º

As rapazas e rapaces de 4º A visitaron a Biblioteca do Fórum Metropolitano, onde recibiron unha charla levada polos bibliotecarios sobre banda deseñada. Para máis información premede eiquí.

alumnado facendo actividade

Visita aos bombeiros 6º de Infantil

Os alumnos e alumnas de 6º de Infantil vistaron o venres 3 de febreiro aos bombeiros da Coruña na súa base para coñecer mellor como traballan e descubrir principios básicos sobre que facer en situacións de emerxencia. Para máis información premede eiquí.

nenos e nenas vendo camións de bombeiros.

Visita da asociación Aga-Ucranía

Esta semana viñeron visitarnos os voluntarios da asociación Aga-Ucraína e tamén dúas persoas que están a vivir no nóso país na situación de refuxiadas por mor da guerra. Para máis información premede eiquí.

Visita de asoación Aga Ucraína

Día da Paz

O luns 30 de xaneiro celebramos o día da Paz todos as nenas e nenos do centro realizando unha danza e tamén o apadriñamento lector. Para máis información premede eiquí.

 Festival de Nadal

Celebramos a chegada do Nadal e damos a benvida ao novo ano coas nosas actuacións. Para máis información premede eiquí.

nenos presentando festival

Visita a Belas Artes de 2º

O alumnado de 2º foron ao museo de Belas Artes de A Coruña, para visitar a exposición permanente. Alí participaron nun xogo no que tiñan que facer de investigadores, atopando obxectos que estaban dentro dos cadros. Para máis información premede eiquí.

Visita a Belas Artes

Película Valentina na Domus

As nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. foron ver "Valentina", unha película en galego. Para máis información premede eiquí.

cartel valentina

 

SOMOS O SALGADO!

O noso alumnado versionou unha canción na clase de música, bravo por el@s!

Con este retrouso pegadizo vos desexamos unha feliz ponte de novembro!

SOMOS O SALGADO!

CELEBRACIÓNS SAMAÍN E MAGOSTO

 

 

Este ano celebraremos o Samaín o próximo venres día 28, os nenos e nenas que o desexen poderán vir disfrazados.

Os días 2 e 3 de novembro faremos unha exposición de cabazas decoradas ou ben calquera manualidade relacionada coa temática do Samaín, quedando expostas no hall de Primaria e Infantil ata o venres 4.

 

o día 7 de novembro celebraremos o Magosto e este ano como novidade teremos un castañeiro para o que pediremos a vosa colaboración con unha pequena aportación.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

BIBLIOTECA ESCOLAR

O próximo martes 4 de outubro a nosa Biblioteca Escolar volverá abrir as súas portas en xornada de tarde.

Estará aberta de martes a venres en horario de 16:00 a 18:00 h, pero as entradas só se poderán facer nas horas en punto, ás 16:00 e ás 17:00 h, facéndoas coincidir coas entradas nas actividades extraescolares.

Todo o alumnado pode facer uso da Biblioteca, pero os nen@s de Educación Infantil deberán vir acompañados dun adulto.

Haberá unha folla de rexistro onde todos os usuari@s deben anotar o seu nome, curso e a hora de entrada e de saída.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut