Skip to Content

Admisión de alumnado

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS CURSO 2024-25

Hoxe publicamos as listaxes provisionais do alumnado admitido en non admitido para a vindeiro curso 2024-25.

Están dispoñibles no taboleiro de anuncios do centro escolar ou ben na aplicación da Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con chave 365 ou ben certificado dixital.

O prazo de reclamación é de 5 días hábiles ( ata o 3 de maio) na secretaría do centro de 09:10H a 11:30h e de 12:30 a 13:50h.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-25

Para realizar o trámite debedes presentar:

  • Libro de familia ou certificado de nacemento do rexistro.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial no caso de separación ou divorcio.
  • En caso de familias que presenten solicitude para prazas reservadas para alumnado con NEAE, documentación xustificativa desta circunstancia.

 

Para presentar a solicitude pode facerse:

  • Presencial. No propio centro en horario de 9.10 h a 11:45h e de 12:15 h a 14.00 h. Os luns tamén en horario de tarde de 16.00 h a 17.00 h.

 

 

resolución provisional será o 25 de abril e a listaxe definitiva o 15 de maio.

Poden consultar toda a información nos documentos adxuntos.

 

 

 

 

 

Reserva de postos escolares para o IES ELVIÑA

 

O número de postos dispoñibles no IES Plurilingüe Elviña non é suficiente para atender todas as solicitudes presentadas en prazo polo que todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión para o curso 2024-2025.

 

O prazo para presentar a solicitude de admisión Anexo II ( ED550B)  e o Anexo II Bis de comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora para o vindeiro curso é do 1 ao 20 de marzo de 2024 no centro de ensino onde se solicita praza ou a través da sede electrónica.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

 

Esta solicitude deberase presentar no CEIP Plurilingüe Salgado Torres  ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA,(Admisión alumnado)  para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut