Para realizar o trámite debedes presentar:
- Formulario cuberto (ANEXO II)
- Libro de familia ou certificado de nacemento do rexistro.
- Convenio regulador ou resolución xudicial no caso de separación ou divorcio.
- En caso de familias que presenten solicitude para prazas reservadas para alumnado con NEAE, documentación xustificativa desta circunstancia.
Para presentar a solicitude pode facerse:
- Presencial. No propio centro en horario de 9.10 h a 11:45h e de 12:15 h a 14.00 h. Os luns tamén en horario de tarde de 16.00 h a 17.00 h.
- Telemática. A través da aplicación "admisionalumnado".
A resolución provisional será o 25 de abril e a listaxe definitiva o 15 de maio.
Poden consultar toda a información nos documentos adxuntos.