Skip to Content

Blogues

C@NTOCHE UN C@NTO AV@?

Presentación da memoria do proxecto C@ntoche un c@nto av@? 

Grazas á rapazada e ás familias pola súa colaboración e implicación.

 

INMIGRACIÓN

 

Daniel e Cristina viñeron para falarnos da emigración.

Moitas poden ser as causas polas que hai que emigrar: Por persecución política na que a túa vida corre perigo, porque non te aceptan, pola situación económica, por unha situación social de minoría étnica, por falta de recursos, pola discriminación por ser muller, por amor, por ser homosexual.

Explicáronnos a diferencia entre refuxiado e emigrante.

Falamos dunha frase que se escoita: "Os emigrantes son ladróns". E reflexionamos sobre os españoles que son emigrantes noutros paises: Os españoles son ladróns?. Todos tiñamos claro que non.

A realidade é que a diversidade xera riqueza cultural e aprendemos novos costumes.

Abdou contounos acerca da súa vida en Dakar: a música e os instrumentos como a mandinga e o balaphon.

Xurdiron comentarios dese muro que Trump quere levantar:

"Imos ter que facer unha portiña segreda para traspasar o muro de Donald Trump, que coñezamos todos agás el".

"O que hai que facer e que todos os que non están dacordo co muro que marchen. Cando se dea conta de que está so, xa non fará o muro".

Como conclusión final a necesidade de perder o medo ao diferente coa visión deste video:

 

COMO NOS GUSTA O ENTROIDO

Chulas, rosquillas, flores, filloas, orellas...

Tempo de compartir faceres e degustacións!

Grazas polas vosas aportacións!!

Ingredientes e útiles para facer unha boa masa de orellas.

APROPÓSITO DO ENTROIDO

Despois do noso traballo cooperativo aquí temos o resultado dos apropósitos que imos cantar as mulleres e homes orquestra. Agora toca practicar coa música do video!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut